Cesullas, Cabana de Bergantiños
Coordenadas: 43°12′39″N 08°55′06″W / 43.21083°N 8.91833°W
| Cesullas | |
|---|---|
| Igrexa parroquial de Cesullas. | |
| Concello | Cabana de Bergantiños |
| Área | - km² |
| Poboación | 1.394 hab. (2007) |
| Entidades de poboación | 33 |
Santo Estevo de Cesullas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.394 habitantes (710 mulleres e 684 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.542 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
A parroquia está bañada na cara norte polo río Anllóns que a separa do concello de Ponteceso. Os cumios máis destacables son o monte Cundíns (206 metros) e o monte Vilariño (155 metros).
Patrimonio [editar]
A igrexa parroquial data do século XVII, época da cal se conserva a capela lateral sur, sendo a capela maior, nave, fachada e a espadana do século XVIII. A nave e a capela maior son rectangulares, e a fachada pentagonal. Enriba da porta principal hai unha imaxe en pedra de Santo Estevo, enmarcado lateralmente por volutas.
A ermida de San Fins destaca por estar orientada cara ó leste. Ten ábsida e nave rectangulares. No lado sur da ábsida ten un pórtico lateral adosado para a celebración das misas o día da romaría. Na fachada pentagonal hai unha celosía de pedra, quizais prerrománica. Nesta capela celébrase a romaría de San Fins do Castro.
A Ermida de Nosa Señora das Neves ten un adro triangular, cunha fachada pentagonal. A espadana está sen campás.
O cruceiro do Sacramento é de granito. A plataforma é cadrangular con tres graos. O pedestal é cadrangular e remata en chafráns. Ten mesa adosada na que aparece unha lápida de granito con dous anxos nos laterais do relevo e unha custodia no centro. O varal é octogonal con chafráns. O capitel é cadrangular moldurado. A cruz é cadrangular con brazos achafranados, remates en punta de diamante e imaxes polas súas catro caras. No anverso está Xesucristo, cos pés pousados sobre unha caveira e tibias, aparece crucificado con tres cravos, inclina a cabeza cara á dereita, ten as mans abertas, carece de coroa, ten pelo trenzado, o paso da pureza aparece anoado á dereita e arriba está a cartela de INRI. No reverso, a Virxe enriba dunha peaña aparece en actitude de orar cos dedos entrelazados. Nos laterais, obsérvase unha imaxe feminina orando con rosario e un San Francisco.
Festas [editar]
As festas mais importantes de esta parroquia son:
- Romaría de San Fins do Castro, 1 e 2 de agosto, adicada á Virxe das Milagres.
- O Carme de Neaño, celebrada a primeira fin de semana de xullo.
- O Carme de Cesullas, celebrada o 10 de agosto.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños.
-
Capela de San Fins.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Cesullas [editar]
| Lugares da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños | |
|---|---|
|
A Áspera | A Balsa | O Bosque | O Bronllo | O Burgo | O Buzaco | Cabana | A Carballa | O Carballal | A Cruz | Esmorís | O Esqueiro | Exipto | Fontenla | A Forca do Lobo | A Igrexa | A Meixoada | O Muíño | Neaño | A Outra Banda | A Pedra Cuca | O Penedo | O Picón | Ponteceso de Cabana | Rebordelo | As Rebuiras | As Redondas | O Reguengo | As Salgueiras | San Fins | O Seixoso | Ternande | O Valado |
Parroquias de Cabana de Bergantiños [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños | |
|---|---|
|
Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro) |