Castro de Borneiro
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.
Coordenadas: 43°11′41″N 8°57′10″W / 43.19472°N 8.95278°W
| Castro de Borneiro | |
|---|---|
| Concello: | Cabana de Bergantiños |
| Cronoloxía | |
| Datas de ocupación: | séc. -VI a.C. a século I d.C. |
| Data da descuberta: | 1924 |
| Períodos de escavación: | Anos 30 Anos 70 Anos 80 |
| Estado actual: | Escavado parcialmente e consolidado. Visita libre |
| Extensión estimada: | ? ha. |
| Véxase tamén: Castros de Galicia | |
O Castro de Borneiro é un castro galaico datado a finais da Idade do Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa e que ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Tamén é coñecido como "A Cibdá".
Índice |
[editar] Situación
Sitúase na parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños, a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio.
A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate.
[editar] Descrición
Foi o primeiro castro en ser datado cientificamente co método do carbono-14 en Galicia. Estivo habitado entre os séculos VI a.c. e o I d.c. Nel non se observaron sinais de romanización.
A súa localización é un tanto atípica, nunha ladeira orientada ao leste que baixa cara a un regato, a unha altura de 200 metros.
Descuberto en 1924 polo xeógrafo Isidro Parga Pondal e Pérez Bustamante, comezouse a excavar nos anos 30 por Sebastián Gonzalez García-Paz, reanudándose nos anos 70 (por Jorge Juan Eiroa) sendo na década dos 80 cando se realicen as escavacións mais senlleiras por parte de Ana Romero Masiá.
Nelas atopáronse múltiples fragmentos de cerámica indíxena, utis de bronce e ferro, muiños de pedra, fusaiolas, fíbulas, moldes de fundición ou contas de vidro, hoxe en día expostos no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.
Na actualidade presenta escavados un total de 36 construcións (case as tres cuartas partes da súa extensión total).
A acrópole está rodeada por un foxo e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde a acentuada pendente do terreo actúa como defensa natural, cunha extensión de 90 metros de longo por 55 de largo.
Ademais do recinto principal hai unha zona coñecida como o "Barrio Extramuros", no lado leste, coincidindo ca entrada principal do poboado. É un conxunto formado por unha gran casa ovalada, dúas fontes con desaugadoiro e un forno circular que debeu estar cuberto cunha bóveda.
As vivendas son circulares e cuadrangulares coas esquinas redondeadas destacando o seu grande tamaño en comparación coas de outros xacementos.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castro de Borneiro.
-
Pedra Formosa, monumento con forno
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Etnografía da Costa da Morte (guía Neria) (en castelán)
- "Cultura inviste 75.200 euros na escavación arqueolóxica do Castro de Borneiro, en Cabana de Bergantiños" www.xornalgalicia.com, 24 de agosto de 2007.
| Arquitectura prehistórica de Galicia | |
| Cronoloxía | Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro |
| Megálitos | |
| Tipos | mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista |
| Elementos | ortóstato | cono de violación |
| En Galicia | cultura | imaxes |
| Petróglifos | |
| En Galicia | GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos |
| Castros | |
| En Galicia | cultura castrexa | cerámica castrexa Castro de Armeá | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros |