Horta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pequeno horto

Un horto ou horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga.

Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.

A ciencia que estuda as hortas denomínase horticultura.

Horto urbano[editar | editar a fonte]

A práctica de manter pequenos hortos urbanos estase estendendo entre as familias de escasos recursos, xeralmente habitantes de zonas urbano marxinais.

Moitas veces a finalidade destes hortos, propiciados por entidades gobernamentais e ONGs, non é a de suplir unha cantidade importante de alimento senón que máis ben a de promover unha diversificación dos hábitos alimentares.

No horto orgánico frecuentemente aplícanse técnicas orgánicas, evitando o uso de herbicidas e insecticidas (biocidas), recreando un ecosistema que se sostén coa diversidade dos cultivos, a rotación dos mesmos e o aporte de abonos orgánicos.

Horto urban en produción nun barrio marxinal de Guayaquil.

A agricultura urbana brinda un marco no cal a familia, veciños, ou grupos afíns poden aprender a observar e facilitar os procesos naturais (sementa, crecemento, coidados, floración-reprodución, colleita, conservación, elaboración de alimentos...). Ademais de ter propósitos produtivos, ten un contido educativo e reconstrutivo, axuda a fortalecer a integración e o traballo en equipo e recuperar a estima, así tamén como promover hábitos nutricionais saudables. Téndese a lograr un sistema de produción continua no que se achega traballo e coñecemento todo o ano e se obteñen hortalizas frescas, froitas e herbas aromáticas para a inxestión diaria.

A horta na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • A caste da horta sai da corte pola porta.
  • A horta de outono mantén ó seu dono.
  • Este ir e vir á horta traime morta.
  • Horta de pasatempo, quer tempo.
  • Horta de San Martiño, mantén ó seu dono e mais o veciño.
  • Horta e torta, moza e poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.
  • Horta sen auga, casa sen tellado e muller sen amor, non se sabe que é pior.
  • Nace na horta o que non sementa o hortelán.
  • Parvo é quen entra na horta e non come froita.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]