Canduas, Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°12′59″N 8°57′29″W / 43.21639°N 8.95806°W / 43.21639; -8.95806

Canduas
Canduas.jpg
Vista de Canduas desde Cachadiña.
Concello Cabana de Bergantiños
Poboación 1.046 hab. (2009)
Entidades de poboación 21

San Martiño de Canduas é unha parroquia situada ao oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estatística no ano 2009 tiña 1.046 habitantes (521 homes e 525 mulleres), 62 menos que no 2004 e 118 menos que no 2000. Están distribuídos en 21 entidades de poboación.

Xeografia[editar | editar a fonte]

Canduas limita ao norte coa ría de Corme e Laxe e o río Anllóns que a separa da parroquia pontecesán de Cospindo; ao leste coa parroquia de Cesullas, ao sur coa parroquia de Borneiro e ao oeste co concello de Laxe e Océano Atlántico. Esta parroquia é a unica de Cabana de Bergantiños bañada polo mar.

Muiño de Ferreiro (rego dos muíños).

Canduas ten dous tipos de praias. Por unha banda están as bañadas polo océano Atlántico, dentro da ría de Corme e Laxe (Area das Vacas, Piquiti, Rebordelo e San Pedro), e por outra, as que están dentro do estuario do río Anllóns (A Guieira e O Pendón).

Esta parroquia está bañada pola súa cara de nordés polo estuario que forma o río Anllóns e atravesada de oeste a este polo rego dos Muíños, que é afluente do río Anllóns e que recibe este nome polos muíños de auga que ten (arredor duns 20 muíños), que vai recollendo as augas que flúen polos distinto regos que forman as ladeiras do val que forma este río.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende o século XIV hai constancia documentada da existencia do mosteiro de San Martiño de Canduas, convento feminino anexionado posteriormente a San Martiño Pinario de Santiago (Lucas Álvarez, 1999 - T.11:880-883). Despois converteuse en priorado segundo Frei Martín Sarmiento, que fixo noite neste lugar no seu paso pola comarca de Bergantiños (Pensado,1975:74).

Do antigo mosteiro apenas quedan restos. A casa reitoral sufriu grandes reformas, e as pedras do cabazo foron utilizadas como perpiaños para o revestimento da fachada da igrexa, unha idea que se lle ocorreu o párroco Manuel Costa, que foi o quen reformou o resto do templo.

Ao redor do mosteiro foise creando a aldea de Canduas, que aínda conserva a súa estrutura medieval. Cerca da casa parroquial atópase a casa dos Romero, que consta de dous edificios, un máis moderno e reformado con escudo, e outro máis antigo, datado de 1660 como se pode ler nun gravado que se atopa encima da entrada principal. O cruceiro que hai ao seu carón tamén foi mandado construír polos donos desta casa como se pode ler nun gravado que ten no seu pedestal.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Castro de Sinde: Asentamento fortificado da Idade do Ferro. A súa croa, de forma case circular, posúe unhas medidas de 86 x 70 m de diámetro. Esta bordéase en todo o seu perímetro por un terraplén que a separa do terreo circundante. Contra a banda.Este castro localízase en terreos de cultivo e o seu estado de conservación é bo.

Capela de Fátima, Sinde: foi erguida durante a posguerra. Hoxe, semiderruída, aínda conserva o arco oxival e pinturas nas bóvedas do altar.

Igrexa de San Martiño de Canduas: a súa orientación é distinta á tradicional, xa que mira cara o norte. A nave e a capela lateral están cubertas por unha bóveda de canón lixeiramente apuntada; a capela leste cóbrese con falsas bóvedas de crucería.

Casa do concello da II República: Durante o século XIX e primeiras décadas do XX non existían Casas do Concello. Durante a II República, o alcalde Alejo Varela Centeno levantou estas dependencias municipais que nunca chegaron a cumprir a finalidade para a que foron construídas.

Rutas Turísticas[editar | editar a fonte]

Vista da senda marítima.
Vistas da senda fluvial do Rego dos Muíños.

Canduas conta con dúas das rutas turísticas guiadas ofrecidas polo concello de Cabana de Bergantiños. Ademais conta con dúas sendas, unha marítima e outra fluvial:

  • Ruta do Rego dos Muiños[1]
  • Senda do Anllóns[2]
  • Ruta 1. De Ponteceso de Cabana a Frexufre pola Carballa[3]
  • Ruta 7. Das Agrelas ó Briño por Fontefría[4]

Puntos de interese[editar | editar a fonte]

  • Mirador das Grelas: é unha pequena área de descanso situada a dereita da estrada, con vista panorámica sobre A Barra e o Monte Branco. A Barra é unha lingua de area que separa as augas oceánicas da ría de Corme e Laxe das fluviais do esteiro do Anllóns.
  • Monte do Castelo: é o pico máis alto da parroquia de Canduas, dende o que se observa a parroquia e os concellos lindantes, e albíscase a cidade da Coruña.

Festas[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia celébranse as festas de:

Personaxes populares[editar | editar a fonte]

  • Hermosinda de Tabuído: Cantareira, nada en Tabuído en 1914 e falecida en 1989. Natural dunha terra de importante tradición popular, e instruída nunha escola rural, xa creaba coplas dende moi pequena.[5]
  • Emilio Lema Pérez: cesteiro[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Canduas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños

Arnela | Augarrei | O Buzaco | O Cabo de Area | A Cachadiña | Canduas | As Carballas | A Costa | A Cruz do Cabalo | Frexufre | As Grelas | Monelos | Rebordelo | As Revoltas | San Pedro | Sinde | Somonte | Taboído | A Telleira | Tras da Agra | Ures

Parroquias de Cabana de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paxina do concello de Cabana
  2. Paxina do concello de Cabana
  3. Paxina do concello de Cabana
  4. Paxina do concello de Cabana
  5. Paxina do concello de Cabana
  6. Paxina do concello de Cabana

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]