Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| O Esto |
 |
| Igrexa parroquial de San Xoan do Esto |
|
| Concello |
Cabana de Bergantiños |
| Área |
- km² |
| Poboación |
234 hab. (2010) |
| Entidades de poboación |
6 |
San Xoán Bautista do Esto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 234 habitantes (115 mulleres e 119 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes.
O Esto limita ao norte co río Anllóns que a separa da parroquia de Anllóns no concello de Ponteceso, ao sur limita coa parroquia da Silvarredonda, ao leste coa parroquia de Corcoesto, e ao oeste coa parroquia de Cesullas.
Imaxes do Esto[editar]
-
Cruceiro no campo da festa do Esto
Lugares e parroquias[editar]
Lugares do Esto[editar]
Parroquias de Cabana de Bergantiños[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]