Adsorción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Absorción.
Adsorción.

A adsorción é o proceso que consiste en atraer átomos, ións ou moléculas á superficie dun material en contraposición á absorción, que é un fenómeno de volume. O grao de absorción depende da temperatura, da presión e da área da superficie

A adsorción química dunha substancia é a súa acumulación nunha determinada superficie, unidos mediante ligazóns químicas. O resultado é a formación dunha película líquida ou gasosa na superficie dun corpo sólido ou líquido.

A adsorción física débese a febles forzas atractivas, xeralmente forzas de Van der Waals, o que implica que calquera superficie limpa exposta ó ambiente amorea unha capa de material fisisorbido.