Gotemburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 57°42′N 11°58′E / 57.700°N 11.967°E / 57.700; 11.967

Gotemburgo
Göteborg (en sueco)
Göteborg vapen.svg
Gothenburg new montage 2012.png
Situación xeográfica
Göteborg en Suecia
Göteborg
Göteborg
País Flag of Sweden.svg Suecia
Condado Västra Götaland
Concello Göteborg, Härryda, Partille e Mölndal
Xeografía
Altitude 12 msnm
Superficie 447,76 km²
Poboación
Poboación 533.260 hab. (2013)
Densidade 1.200 hab./km²
Xentilicio Göteborgare
Información
Código postal 40xxx - 41xxx - 421xx - 427xx
Alcalde
Páxina web Páxina Oficial de Göteborg

Gotemburgo[1] (en suecoGöteborg[jœtəˈbɔrj] (AFI)Sv-Göteborg.ogg escoitar) é unha cidade do condado de Västergötland na costa oeste de Suecia. No ano 2006, a cidade tiña unha poboación de 490.000 habitantes na súa área e 879.000 na área metropolitana, facéndoa a segunda maior cidade do país, despois de Estocolmo. A cidade tamén destaca pola súa importante universidade.

A cidade está situada no esteiro do Göta Älv no Kattegat, o río divide a cidade en dúas porcións, unha situada na illa de Hisingen e a outra en terra firme. Grazas ao río Göta Älv Gotemburgo é un dos portos máis importantes de Escandinavia.

Ópera de Gotemburgo.
Museo da cultura mundial.
Forte de älvsborgs.

Demografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Gotemburgo, como a maioría das áreas metropolitanas de Suecia, posúe unha gran poboación inmigrante. Segundo o censo do 2005, a cidade tiña unha poboación de 93.965 inmigrantes, formando o 20% da poboación, do cal o 10% vén de Irán e o 9% de Finlandia. A poboación iraniana, xunto cos inmigrantes do Oriente Medio (sobre todo Iraq) e a antiga Iugoslavia, viven na zona de Angered (sobre todo en Bergsjön, Hjällbo e Hammarkullen) e noutros arrabaldes do norleste, mentres que os procedentes de Escandinavia, Europa meridional (Portugal, Italia e Grecia) e Europa do leste viven máis integrados por toda a cidade. A zona de Frölunda é coñecida pola súa elevada poboación chinesa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gotemburgo atópase no Condado de Västra Götaland, na costa oeste da Suecia, está bañada polo Kattegat (estreito do Mar do Norte) e pola foz do río Göta Älv. Grazas á corrente do Golfo, a cidade posúe um clima ameno, é de grandes precipitacións. O arquipélago de Gotemburgo está formado por illas cunha constitución rochosa agreste, típica de toda a costa do Condado de Bohus.

A área metropolitana de Gotemburgo esténdese aos municipios de Ale, Härryda, Kungälv, Lerum, Mölndal, Partille, Stenungsund, Tjörn e Öckerö (no Condado de Västra Götaland) e Kungsbacka (no Condado de Halland).

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

O principal aeroporto da cidade (Gotemburgo-Landvetter) atópase en Landvetter, a 20 km ao leste de Gotemburgo. Un segundo aeroporto (Göteborg City Airport), de menores dimensións, atópase 14 km ao norte da cidade. A estación central (Centralstationen) e a terminal Nils Ericson son outros importantes centros de comunicación da cidade, con autobuses e trens que comunican a cidade con diversos puntos de Suecia, e con ligazóns nas cidades de Oslo e Copenhague.

Diversas liñas de ferry ligan a cidade a Frederikshavn, Kiel, Kristiansand e Newcastle. No 2005 o porto rexistrou un movemento de máis de 2.2 millóns de persoas.

Gotemburgo é un centro loxístico, cun transporte de mercadorías por tren e camión que unen Suecia e Noruega co porto da cidade. Este é o maior de toda Escandinavia, cun volume bruto de preto de 156 millóns de toneladas/ano (datos de 2005).

A liña de tren eléctrico/metropolitana é a maior do Norte da Europa, con máis de 150 km de extensión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns sxternas[editar | editar a fonte]