Transportes Urbanos de Santiago S. A.
Transportes Urbanos de Santiago S. A. (Tussa) é unha empresa de transportes compostelá, responsable do transporte público urbano nesa cidade, así como da xestión de varios aparcadoiros públicos da cidade. A empresa ten en réxime de concesión un total de 22 liñas, que prestan servizo á cidade e áreas limítrofes, mesmo con zonas de concellos da Área metropolitana de Santiago de Compostela.
Liñas[editar | editar a fonte]
Liñas urbanas[editar | editar a fonte]
As liñas urbanas prestan servizo entre diferentes puntos da cidade. A frecuencia destas liñas vai desde os 12 minutos ata os 60, dependendo da liña, e son as seguintes:
- 1 : Cemiterio de Boisaca - Hospital Clínico
- 4 : Romaño - As Cancelas
- 5 : Vite - A Rocha
- 6 : San Marcos - Os Tilos
- 6A : Os Tilos - Aeroporto
- 7 : Rúa de Valle-Inclán - Aríns
- 8 : Camiño dos Vilares - Vidán
- 9 : Casas Novas - Cidade da Cultura
- 12 : Os Tilos - Hospitais
- 13 : Belvís - Xeneral Pardiñas
- 15 : Campus Norte - Campus Sur
Liñas circulares[editar | editar a fonte]
Estas liñas conectan diferentes barrios cos hospitais e nós de comunicación:
- C2 : Estación de autobuses - Fontiñas - Hospital Provincial - Hospital Clínico – Vite - Estación de autobuses
- C4 : Estación de autobuses - Vite - Hospital Clínico - Hospital Provincial - Fontiñas - Estación de autobuses
- C5 : Polígono Costa Vella - Amio - Praza de Galicia - Restollal - Amio - Polígono Costa Vella
- C6 : Polígono Costa Vella - Amio - Restollal - Hórreo - Amio - Polígono Costa Vella
- C11 : Circular de Fontiñas
Liñas interurbanas[editar | editar a fonte]
Estas liñas parten de distintos puntos da cidade e ofrecen servizos a zonas situadas fóra da cidade, pero que polo seu nivel de poboación, fan necesario que teñan un servizo de transporte que as comunique co centro da cidade:
- P1 : Estación de autobuses - Folgoso
- P2 : Estación de autobuses - Ortoño
- P3 : Rúa de Valle-Inclán - A Susana
- P4 : Praza de Galicia - A Sionlla
- P6: Rúa da Rosa - Polígono do Tambre
- P7 : Porta do Camiño - A Peregrina / Grixoa / Miramontes / Pardaces
- P8 : Rúa de Valle-Inclán - Reborido