Interior da igrexa
O conxunto localízase no número 5 da rúa das Orfas , na parte oriental da cidade vella, e está formado polas dependencias monásticas, a igrexa e un colexio . Foi construído a comezos do século XVII para dar aloxamento e educación ás nenas desamparadas da cidade . O seu impulsor foi o arcebispo San Clemente , e posteriormente foi modificada por Domingo de Andrade e Fernando de Casas Novoa .
A igrexa foi construída posteriormente, dende o ano 1666. O seu arquitecto foi Melchor de Velasco quen faleceu en 1669 antes de vela rematada, pois foi consagrada en 1671 . No seu interior alberga un altar maior de estilo rococó , feito por Francisco de Lens , no que destaca unha imaxe da Inmaculada Concepción obra de Xosé Gambino , localizada entre San Xosé e Santiago , feita en 1756 .
Acolle o Colexio Nosa Señora dos Remedios, que segue a ser coñecido popularmente como "As Orfas". A igrexa está aberta ao público e nela ofícianse misas do culto cristián diariamente.
[ 1]