Carballeira de Santa Susana
Coordenadas: 42°52′36″N 8°32′50″O / 42.87667, -8.54722
A carballeira de Santa Susana é un outeiro de Santiago de Compostela que forma parte do Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e o Paseo da Ferradura.[1][2]
Foi coñecido antigamente como outeiro de Poldros, no que houbo un castro.[Cómpre referencia]
Historia[editar | editar a fonte]
No século XII, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha igrexa para albergar as reliquias de Santa Susana, templo que foi remodelado nos séculos XVII e XVIII, e que está hoxe rodeado por máis de 300 carballos centenarios que forman unha magnífica carballeira.[2]
Características[editar | editar a fonte]
No alto do outeiro existe unha capela, a capela de Santa Susana, que data de fins do século XVII e comezos do XVIII, reconstrución da capela medieval na que o arcebispo Xelmírez levou os restos de Santa Susana que trouxera de Braga.
No adro da igrexa xuntábanse, na época de Xelmírez, os representantes dos veciños cada venres, o que deu orixe ao concello de Santiago.[Cómpre referencia]
A carballeira de Santa Susana está bordeada totalmente polo Paseo da Ferradura.[2]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes da carballeira de Santa Susana.
Monumento a Castelao (1995).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Parque de la Alameda en Turismo de Santiago (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Alameda de Santiago de Compostela Arquivado 24 de xullo de 2018 en Wayback Machine. en SEC (Sociedad Española de la Camelia (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carballeira de Santa Susana |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Alameda, el Paseo da Ferradura y Carballeira de Santa Susana, copatrona de la ciudad del Apóstol: esplendor verde de Santiago", no blog Xurde Morán, marzo de 2016 (en castelán).
- "Santa Susana, a carballeira asemblearia", post de Celso Alberte Magariños Costas no blog A Nosa Historia, xaneiro de 2016.