Casa do Cabido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Casa do Cabido, á dereita, detrás da fonte

A Casa do Cabido, é un edificio situado en Santiago de Compostela concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a Praza de Praterías.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Proxectada polo arquitecto do barroco galego Clemente Fernández Sarela, data do ano 1758. Inicialmente foi sé do Cabido Catedralicio, é desde mediados do século XIX de propiedade particular. Os gremios medievais de prateiros deron nome á Praza das Praterías e á fachada sur, fronte á fonte das Praterías levantouse a Casa do Cabido, de estilo barroco, que con pouco máis de tres metros de fondo ten unha función meramente escenográfica, pechar un dos lados da bela praza a modo de pano de fondo, co seu típico estilo de placas do barroco galego.

Deste xeito a Casa do Cabido, fronte á Catedral, ten unha fachada de estrita orde compostelá do século XVIII, moi bo exemplo do estilo de placas propio do barroco pleno compostelán.

Inspirou a Valle-Inclán o conto Mi hermana Antonia, do mesmo xeito que a Fonte dos Cabalos inspirou a Federico García Lorca o poema Danza da Lúa en Santiago. No ano 2005 rodouse nela o filme O lapis do carpinteiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]