Pazo de Vaamonde
| Casa-pazo de Vaamonde | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A Casa-pazo de Vaamonde ou pazo de Vaamonde é un pazo urbano construído no século XVIII en Santiago de Compostela. Na actualidade acolle o Consorcio de Santiago.
Localización
[editar | editar a fonte]A casa áchase na zona vella de Santiago de Compostela, no cantón entre a rúa do Vilar número 59 e a calella de Entrerrúas, a máis estreita da vila.
Descrición
[editar | editar a fonte]O edificio foi ergueito no século XVIII e curiosamente sobresae do aliñamento das casas acaroadas da rúa. Está formado pola planta terrea, con soportais de arcos de volta perfecta e dous andares, o segundo con balcón. Na fachada do primeiro andar, entre as fiestras salienta un grande escudo. Tamén é de salientar o petador da porta, obra do escultor Francisco Asorey, e tamén a rechamadeira cristaleira da porta interior[1]. No interior atópase unha escaleira principal cunha escultura en madeira realizada polo escultor J. Rivas o 25 de xullo de 1932. Subindo para da escaleira principal hai unha escaleira de servizo máis sinxela e estreita.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Petador de Francisco Asorey.
- Escultura da escaleira principal, escultor J. Rivas, 25 de xullo de 1932.
- Escaleira de servizo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Vaamonde |