Santiago Rugby Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Santiago Rugby Club é un equipo galego de rugby, non profesional, da cidade de Santiago de Compostela, que compite na segunda división da Liga Galega de Rugby na tempada 2014-15. O equipo disputa os seus encontros como local no campo de fútbol de Nemenzo.

O club é o herdeiro da antiga tradición rugbística que existe na capital galega, e que no seu tempo estivo representada sobre todo polo equipo universitario e polo Compostela RC. Despois de varios anos sen equipo de rugby na cidade, en 2007 fundouse o Gallaecius Rugby Club, que en 2011 trocou o seu nome polo actual Santiago Rugby Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende a súa fundación, non participou en competicións oficiais ate a tempada 2010-11, ano no que debutou na liga galega de rugby, na que acadou o subcampionato no torneo entre 7 equipos, aínda co nome Gallaecius RC. Ese anonon disputou a Copa Xunta, pero si a primeira edición do Circuíto galego de Sevens, rematando o torneo na 6ª posición entre 12 participantes.

Na tempada 2011-12, co novo nome, repetiu a súa participación na Liga Galega, competindo fronte a outros 11 conxuntos, rematando na oitava posición. Na tempada 2012-13 a liga contou con dúas divisións, e o Santiago Rugby Club quedou encadrado no grupo de segunda división. O resultado da tempada foi un quinto posto entre sete equipos.[1] Na tempada 2013-14 competiu novamente na segunda división galega, rematando no último posto.

Categoría 2015-16 2014-15 2013-14 2012-13 2011-12 2010-11 2009-10 2008-09 2007-08
Div.Honra
Div.Honra B
1ª Nacional
1ª Galega
2ª Galega
Copa Xunta

Escola de rugby[editar | editar a fonte]

Dende a tempada 2013-14 comezou a súa andaina coas categorías inferiores, grazas ó esforzo de algúns membros do equipo sénior. Algúns dos equipos xa disputaron os seus primeiros partidos.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

LGR1
Táboa da LGR1 2015-2016
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 Ourense RC 54 12 11 0 1 10 0
2 CR Ferrol 50 12 10 0 2 9 1
3 Mareantes RC 26 12 5 0 7 3 3
4 Pontevedra RC 25 12 6 0 6 1 0
5 Os Ingleses RC 21 12 5 0 7 1 0
6 CR Lalín 17 12 3 0 9 2 3
7 Muralla RC 14 12 2 0 10 1 5
LGR2
Táboa da LGR2 2015-2016
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 RO Keltia 48 10 10 0 0 8 0
2 CR Fendetestas 36 10 7 0 3 7 1
3 CD Zalaeta 33 10 7 0 3 5 0
4 Santiago RC 20 10 4 0 6 4 0
5 CRAT "B" 6 10 1 0 9 1 1
6 Vigo RC "B" 4 10 1 0 9 1 1

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]