FINSA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FINSA

Vista de Finsa de Santiago na N 550.
TipoSociedade Anónima
Fundación1931
LocalizaciónSantiago de Compostela, (A Coruña) Galicia Galiza
Persoas claveSantiago García Baliña
IndustriaForestal
ProdutosTaboleiro aglomerado e MDF
Beneficio870 millóns de euros (en 2017)[1]
Número de empregados3.000
editar datos en Wikidata ]

FINSA, acrónimo de Financiera Maderera, SA, é unha empresa galega do sector da madeira, especializada na fabricación de taboleiros de madeira.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada por Manuel García Cambón en 1931 como un serradoiro, os seus primeiros anos son dun lento crecemento. En 1946 déuselle o nome actual e a partir dese momento baseou o seu sistema de negocio no financiamento da madeira, que se lles pagaba aos propietarios mentres esta aínda estaba medrando no monte. Este modelo de negocio resultou exitoso, pois fidelizaba os vendedores, obrigaba a un investimento máis pausado e controlado, e permitía axustar a curta ás necesidades de produción, e non ao revés.

En 1964 abre a primeira fábrica de taboleiro de aglomerado da Península Ibérica en Pontecesures, e en 1969 a planta principal en Santiago de Compostela. Dende ese momento, a principal fonte de negocio será a produción de taboleiro a partir de piñeiro e eucalipto. A expansión da firma continuou coa apertura de novas plantas, como a de taboleiros de fibra (MDF) en Pontecesures (1981), ou coa compra doutras empresas madeireiras galegas (Oremberg, Fibranor, Foresa) ou portuguesas (Maderiberia, Lusofinsa).

En 1990 o seu presidente fundador falece, e é substituído polo seu fillo máis vello Manuel García Baliña. Todo o accionariado repártese entre os membros da familia.

O proceso de expansión e compra de empresas do sector prosegue, e en 2000 a firma alíase coa empresa de grandes almacéns El Corte Inglés e funda Utisa, unha firma especializada na produción de madeira para a fabricación de mobles. A súa expansión continuou mercando firmas como Decotec, Écar ou Faus, que lle abriron intereses nos Estados Unidos e boa parte de Europa, e que lle permitiron dedicarse á produción de mobles de montaxe rápida para multinacionais do sector como Ikea ou Leroy Merlin.

Produción actual[editar | editar a fonte]

Vista da FINSA dende a N-550.

Na actualidade, FINSA dedícase á produción de taboleiro aglomerado e MDF, así como doutros derivados da madeira, como a melamina ou a chapa de madeira, colas ou parafinas.

A firma ten catorce plantas de produción e máis de 3.000 empregados[2]. Produce uns 0,2 billóns de metros cúbicos de madeira ao ano[3], cunha facturación de 960 millóns de euros[4] en 2007 (sen contar a facturación das filiais Faus e Utisa), o que a sitúa como a quinta maior empresa de Galicia[5] e a sexta madeireira de Europa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Récord de Finsa: más de 100 millones de beneficio operativo". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  2. Fonte da propia empresa. Número de empleados Arquivado 03 de marzo de 2008 en Wayback Machine., 2007
  3. Fonte da propia empresa. Produción Arquivado 03 de marzo de 2008 en Wayback Machine., 2007
  4. 4,0 4,1 El gigante maderero ya es líder en muebles, El País, 23.09.07
  5. "Conmoción en Compostela por el fallecimiento de Lolo Cambón". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-03-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]