Xosé Henrique Rivadulla Corcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Henrique Rivadulla Corcón")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Henrique Rivadulla Conde
X. H. Rivadulla Corcón (AELG)-1.jpg
Nacemento18 de setembro de 1962
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, ensaio, teatro
editar datos en Wikidata ]

Xosé Henrique Rivadulla Conde, coñecido como Xosé Henrique Rivadulla Corcón, nado na Coruña o 18 de setembro de 1962[1], é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa infancia e xuventude transcorrera a cabalo entre o barrio coruñés de Monte Alto e Muxía, vila á que segue vinculado na actualidade. Profesionalmente traballa no mundo audiovisual, como guionista e locutor para varias cadeas, así como director teatral e colaborador de varios xornais. A primeira estrea do Centro Dramático Galego é da súa autoría (1985): "Festa rachada", en coprodución polo C.D.G. e a Compañía Titirití e dirixido por Cesar Lombera.[3]

Colaborou na Radio Galega (co programa A casa do vagabundo) e fíxoo tamén na Televisión de Galicia co programa A vida do mercado (anteriormente con Planeta Fantasía, Salitre e vento e Caravana de sabores), ademais de diversos documentais como Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño e Redeira, un oficio galego e de mulleres; e foi xefe de produción da Área da Cultura de TVG, entre 1987 e 1989. Presidiu o Foro de Asociacións de Guionistas do Audiovisual e foi vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente.

Como guionista traballou para diversas produtora privadas como "Corazón Negro", Sincro Porducións", "C.A.I. Producions", "Productora Faro", "Lúa Films", "Non Si P. C.", "Vía Láctea filmes", "CTV", "Editorial Compostela" e "Manivela Producións".[4]

Colaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, RNE, Antena 3, Telecinco.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2004, por O elefante dunha soa orella.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2007, por O sorriso de Claudia.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2010, por Os piratas da Illa Esperenza.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 3º a 4º de ESO e Bacharelato) no 2013, por O noso amor será eterno.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 5º e 6º de Educación Primaria) no 2015, por Soños de mar.
  • Primeiro premio no certame de cine e video de Elxe.[17]

Obras teatrais estreadas[editar | editar a fonte]

  • Festa rachada, 1985.
  • ¡Furga garabela!, 2001.
  • Praia na noite, 2002.
  • Salitre, 2003.
  • O inxenioso cabalo Rocinante da Mancha, 2004.
  • Pan, 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Enrique Rivadulla Conde. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-06-17. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16. 
  3. "X. H. Rivadulla Corcón". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-17. 
  4. "Ficha do autor". www.bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-17. 
  5. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16. 
  6. asociacionescritoras-es. "Fisterra: estrea de Camiño ao mar, de X. H. Rivadulla Corcón. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-06-17. 
  7. Nicolás, Ramón (2011-02-04). "Os papeis do vagabundo, de X.H. Rivadulla Corcón". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-17. 
  8. "LI«Moraime», mar y sueños para Rivadulla Corcón". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-05-27. Consultado o 2019-06-16. 
  9. "Vagabundos solitarios e sentimentais. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-06-16. 
  10. "Castro Caldelas recupera a memoria dos afiadores con «Furga garabela»". La Voz de Galicia. 2002-03-30. Consultado o 2019-06-17. 
  11. "X. H. Rivadulla Corcón". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-17. 
  12. "Rivadulla Corcón presenta “A balada de Roi Nemiña” . CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-06-17. 
  13. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16. 
  14. "Rivadulla Corcón leva a lenda da Furna da Buserana a un libro". que pasa na costa. Consultado o 2019-06-16. 
  15. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16. 
  16. "Presentado o libro 'Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións', editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC - - USC". xornal.usc.es. Consultado o 2019-06-17. 
  17. "X. H. Rivadulla Corcón. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-06-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]