Monte Pedroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′55″N 08°33′55″O / 42.89861, -8.56528

Monte Pedroso
Vista dende cerca do campus
Latitude42.5355
Lonxitude-8.3355
Localización administrativa
LocalizaciónConcello de Santiago de Compostela
Características xerais
Altitude461 m
Cume veciño máis altoMonte da Fontecova, monte do Viso, monte Gaiás, monte da Almáciga, monte do Gozo, pico Sacro, Pedrouzos e O Espiño (serra da Ameixenda)
Ruta máis fácilO acceso desde Santiago pode realizarse mediante unha ruta de paseo duns 40 minutos, que comeza en Ponte Asén, no parque de Galeras, cruzando a aldea de Casas Novas e seguindo por un camiño ascendente. Por estrada, pode comezar no Carme de Abaixo e tomar un desvío á dereita, seguindo as indicacións cara aos repetidores de TV.

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Situación[editar | editar a fonte]

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes próximos como o de Fontecova.

Historia[editar | editar a fonte]

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio. Na zona consérvase unha ponte medieval.

Está protexido desde hai anos da construción para que ningún edificio poida competir nunca en altura nin en visibilidade coa catedral de Santiago.[1]

No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión.

Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monte Pedroso". www.santiagoturismo.com; Web oficial de Turismo de Santiago de Compostela e os seus arredores. Consultado o 2023-10-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.