Muralla de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extensión da Villa Sancti Iacobi. Aparecen os barrios existentes entre o ano 900 e o 1040, así como as liñas de muralla e a cerca de Sisnando II de Iria.

A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX.

Historia[editar | editar a fonte]

O bispo Sisnando II de Iria mandou rodear cunha muralla, ou mesmo ampliar unha anterior, os edificios que se construíran arredor do sartego de Santiago o maior, incluían as actuais catedral, a praza da Quintana, o Convento de San Paio de Antealtares e o territorio circundante.

Cresconio, a mediados do século XI, substitúea por outra que abranguía o burgo compostelán que se fora formando extramuros dende os tempos da muralla primitiva, o temor a un novo ataque musulmán ou a un ataque normando xustificaban a construción dunha nova muralla. Tiña un perímetro aproximado de 2.000 metros e a superficie do recinto protexido pola muralla era aproximadamente de 30 hectáreas, ao que se accedía, orixinalmente, por sete portas: Porta do Camiño, Porta de Mazarelos, Porta da Mámoa, Porta Faxeira, Porta da Trindade, Porta de San Francisco e Porta da Pena.

Nos séculos XIV e XV abríronse as portas das Algalias, Porta de San Fiz e Porta do Souto. O concello era o encargado da conservación da muralla.

Na actualidade só se conserva a Porta de Mazarelos, e supostamente parte de lenzo pegado no lado do Mosteiro de San Martiño Pinario, preto do Convento de San Francisco do Val de Deus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]