Saltar ao contido

Colexio de San Clemente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colexio de San Clemente
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Colexio de San Clemente
 Instancia de
 Parte de
 Estilo
Datas
 Fundación / creación
1609 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Recoñecemento
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Identificador669-926
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 50529
Wikidata C:Commons
Portada

O Colexio de San Clemente de Pasantes é un edificio civil de inicios do século XVII, localizado en Santiago de Compostela, nas inmediacións da Porta Faxeira e do lado norte do Parque da Ferradura. Actualmente acolle o IES Rosalía de Castro, e anteriormente foi o instituto feminino.

Foi fundado polo arcebispo Juan de Sanclemente, en 1601, para Pasantes ou Graduados, a fin de que puidesen ampliar estudos aqueles que remataran a carreira; aínda que non iniciou as súas funcións até 1630. Desde os primeiros momentos, a aparición deste novo colexio, espertou a animadversión do de Fonseca. As disputas entre ambos polo título de único colexio maior de Santiago foron presentadas perante a xustiza real, e só, en 1730, un decreto do rei Filipe V coutou a desavinza ao conceder o título de "maior" exclusivamente a Fonseca. O Colexio de San Clemente desapareceu como tal en 1809.

A obra debeu ser encargada a Ginés Martínez, segundo aduciu Bonet Correa, e foi executada entre 1607 e 1609 por Xácome Fernández e mais Leonel de Avalle, estando Martínez xa ausente de Santiago, en estilo maneirista. O lugar onde se ergueu formaba parte naquela altura da carballeira de Santa Susana, estando por iso fóra do casco urbano compostelán. A porta máis próxima sería a devandita Faxeira.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Martínez adoptou un plano rectangular, con patio central, levantando unha edificación, de dous corpos en altura, sobria de liñas rectas, que só rompe na portada, artellada de xeito similar á do Colexio de Fonseca -o que debeu constituír un consello do comitente-, mais con menos elementos decorativos, seguido unha organización de tipo arco de triunfo, máis con uso de elementos clasicistas: nichos coroados por frontonciños, ou con semibóvedas; columnas clasicistas nos laterais; frontón triangular que remata o conxunto. Porén o uso de pedestais e zapatas, arquitrabes e cornixas salientes, outorga certa mobilidade e xogos de sombras, que son máis característicos do maneirismo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]