Museo Pedagóxico de Galicia
| Museo Pedagóxico de Galicia | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Santiago de Compostela | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Mantido por
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.
Historia
[editar | editar a fonte]Ten como precedente un efémero museo feito na Coruña en 1926. O centro foi creado pola Xunta de Galicia por decreto o 2 de novembro de 2000, sendo Celso Currás conselleiro de Educación.[1] Logo de catro anos de construción do edificio e procura, restauración, inventario e catalogación do material, foi inaugurado o 21 de outubro de 2004.
O edificio, de baixo e dous andares, inclúe unha biblioteca-hemeroteca especializada, sala de investigación, departamento de documentación e conservación, salón de actos, patio de recreo e xogos populares, e obradoiros para nenos e nenas. A colección acolle máis de 50.000 pezas. Delas, moitas están en exposición permanente nos diferentes módulos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Pedagóxico de Galicia |
