Club Waterpolo Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
CW Santiago
Cidade Santiago de Compostela Flag of Galicia.svg
País España
Ano de Fundación: 2004
Pabillón
 - Nome
 - Aforo

Piscina de Santa Isabel
-
Siareiros: 90
Orzamento: 17.000
Tempadas
 - Primeira
 - Segunda
 - Liga Galega

0
0
4
Títulos 1 Copas Galegas
Adestrador
Páxina oficial do club

O Club Waterpolo Santiago é un club de waterpolo con incidencia na cidade de Santiago de Compostela e tamén en toda a comarca de Santiago. Foi fundado en ano 2004 ao separarse do Club Natación Santiago, que non só abarcaba o deporte do waterpolo, se non tamén a natación. Conta na actualidade con 90 socios e un orzamento de 17.000 €. O Waterpolo Santiago ten como piscina de xogo a de Santa Isabel, á que se lle suma a piscina do Sar nos adestramentos. Conta con equipos alevín mixto, infantil mixto, cadete mixto, xuvenil e absoluto, cun total de 60 waterpolistas entre tódalas categorías.

Logros deportivos[editar | editar a fonte]

Tempada 2004-05[editar | editar a fonte]

  • Categoría infantil: 2º posición no campionato galego de inverno e 2º posición no campionato galego de verán.
  • Categoría xuvenil: 3º posto na liga e na copa.
  • Categoría absoluta: 2º posto na liga e na copa

Tempada 2005-06[editar | editar a fonte]

  • Categoría infantil: 4º na liga e nos campionatos galegos de inverno e verán.
  • Categoría xuvenil: 2ª posición na liga, 2ª posición na copa.
  • Categoría absoluta: 2º posto na liga, 2º posto na copa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]