Detalle do campanario da capela.Detalle dunha gárgola.
Consta de dous andares e unha capela anexa na parte posterior. Trátase dun pazo residencial, e destacan as súas ameas na liña de cornixa, así como tamén polo tratamento de imitación de pedra dado aos seus muros de formigón, e mais polos detalles vexetais e figurativos (gárgolas) da súa decoración exterior, moldeados en cemento da época.[3]
Está rodeado por abundante vexetación, entre a que sobresae unha carballeira que limita co pazo presidencial de Monte Pío, e a un quilómetro escaso da praza do Obradoiro.
En 2011 atopábase en estado ruinoso, malia que no inicio dun proceso de restauración.
Xa no século XX presentouse un proxecto para rehabilitar o espazo como parque público e para a construción dunha residencia da terceira idade. Durante o mandato de Conde Roa liberouse o solo coa intención de edificar 120 vivendas de luxo. O seu sucesor na alcaldía Ángel Currás, sinalou, pola contra, que a súa prioridade era o acondicionamento do espazo público: parque e rehabilitación do palacete modernista. Non obstante, colectivos de activistas denunciaron en 2012 a política de liberalización do solo do PP, como unha "privatización dos espazos e dereitos públicos".[4] Finalmente foi expropiada a parte correspondente o parque e o pazo que foi habilitada e aberta ao público en agosto de 2014.