Colexio de San Xerome
Colexio de San Xerome | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Colexio de San Xerome | ||||
Tipo | Colexio residencial | |||
Parte de | Camiño de Santiago ![]() | |||
Estilo | barroco galego, románico | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Descoñecido | |||
Datas | ||||
Fundación | 1501 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | Santiago de Compostela | |||
Enderezo | Praza do Obradoiro | |||
Patrimonio cultural | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 669-937 | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.
Historia
[editar | editar a fonte]Este colexio menor[1] era, en orixe, unha fundación do arcebispo compostelán Alonso de Fonseca, terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se localizaba no denominado Hospicio da Acibecharía. Dependía do Colexio de Fonseca.
Durante o século XVII, en 1651, decidiuse trasladalo desa localización.[2] Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital (por situarse nela o Hospital dos Reis Católicos), a actual praza do Obradoiro. Até hai poucos anos atribuíanse os planos ao arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga (así Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso José de la Peña de Toro. Porén, debe dicirse que o autor da edificación é descoñecido.
Dotado dun vicerreitor e tres profesores, desapareceu como colexio menor en 1840.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]O resultado foi un edificio de liñas puras e apenas dous corpos de altura, no que se inseriu o pórtico medieval, proveniente do devandito Hospicio, que até aquela altura acollía o colexio, que se acostuma datar entre 1490 e 1500. Este elemento arqueolóxico foi mal interpretado en anos pasados, ao tomarse por unha longa persistencia de hábitos construtivos dos mestres arquitectos galegos e proba do arraigo da arte románica en Galiza.
A portada representa, na esquerda e de dentro a fóra, as figuras de Santiago apóstolo, San Xoán e San Francisco. Á dereita e na mesma orde, San Pedro, San Paulo e San Domingos de Guzmán.[3]
No tímpano, a figura da Inmaculada, flanqueada por Santa Margarida e Santa Catarina.[3]
No centro da arquivolta, sitúase santa Ana xunto coa Virxe María e o Neno Xesús. Ao seu redor están santa María Salomé, santa María de Cleofás, santa María Madalena e santa Lucía, ademais dos doutores san Xerome, santo Agostiño, san Gregorio Magno e santo Ambrosio, mais os mártires san Lourenzo e santo Estevo.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
San Francisco de Asís, san Xoán Evanxelista e Santiago
-
San Pedro, san Paulo e san Domingos
Usos
[editar | editar a fonte]Durante boa parte do século XX, foi sede da Escola Normal de Maxisterio. Desde os anos 1980, e xunto co pazo de Fonseca, alberga o Reitorado da Universidade de Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Historia institucional/Reseña biográfica". Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia. 119295. Consultado o 9 de xuño de 2022.
- ↑ Montero, Juan Manuel Monterroso (1996). "Universidade e cidade: apuntamentos sobre desenvolvemento urbano da Universidade de Santiago de Compostela". Eduga: revista galega do ensino (11): 195. ISSN 1133-911X.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Portada del Colegio de San Jerónimo - Rectorado". Museo Virtual da USC (en castelán). 2020-11-23. Consultado o 2025-06-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Colexio de San Xerome |