Rúa de San Francisco (Santiago de Compostela)
Coordenadas: 42°52′53″N 8°32′45″O / 42.88139, -8.54583
A rúa de San Francisco é unha rúa do casco histórico de Santiago de Compostela que vai desde a praza do Obradoiro até a igrexa de San Francisco.[1]
Índice
Características[editar | editar a fonte]

Na beira esquerda da dirección sinalada encóntranse, acaroados, a fachada leste do Hostal dos Reis Católicos (Parador) e a Facultade de Medicina da Universidade da cidade.[1]
Na beira dereita hai bares e moitas tendas de recordos para os turistas.[2]
Trátase dunha rúa tipicamente compostelá, completamente construída en pedra e cun ambiente moi especial onde se mesturan os estudantes que acoden á Facultade e os peregrinos que acceden á Catedral desde a avenida de Xoán XXIII.[1]
Problemas coa peonalización da rúa[editar | editar a fonte]
O concello de Santiago anuncióu en 2017 a peonalización da rúa de San Francisco, como unha medida provisional. Pero tan só 24 horas despois do anuncio por parte de Raxoi, os comerciantes do casco histórico mostraron a súa descomformidade: «non vai solucionar nada e vai a crear aínda máis problemas», afirmou o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello, quen indicou, ademais, que o primeiro que tiña que facer Raxoi «é eliminar os coches oficiais».
Desde o luns, 10 de xullo, quedará cortada ao tránsito a avenida de Xoán XXIII no treito comprendido entre o Burgo das Nacións e a confluencia coa rúa Entrerríos. «O obxectivo», indicaron os concelleiroes Jorge Duarte e Xan Duro, «é destinar unicamente ao tránsito peonil o contorno da igrexa de San Francisco, unha área na que se fai moi difícil a convivencia entre os peóns e os vehículos».[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rúa de San Francisco en minube.com (en castelán).
- ↑ Rúa de San Francisco – Santiago de Compostela en Galiciaenteira.com (en castelán).
- ↑ Guerra entre Raxoi y comercio por la peatonalización de San Francisco. El Correo Gallego, 08/07/2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rúa de San Francisco en minube.com (en castelán).
- Rúa de San Francisco – Santiago de Compostela en Galiciaenteira.com (en castelán).
Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela | ||
---|---|---|
Edificios institucionais | ||
Edificios relixiosos |
| |
Teatros | ||
Museos | ||
Outros edificios | ||
Parques | ||
Centros comerciais | ||
Rueiro | ||
Transporte | ||
Medios de comunicación | ||
Clubs deportivos | ||
Recintos deportivos | ||
Outros recintos | ||
Centros de saúde | ||
Empresas locais | ||
Restos arqueolóxicos | ||
Accidentes xeográficos | ||
Educación | ||
Outros |