Campo Municipal das Cancelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Municipal das Cancelas
Campo As Cancelas.jpg
Datos
LocalizaciónSantiago de Compostela Flag of Galicia.svg
Construción
Inauguración1940
Estadio
SuperficieHerba Sintética
Dimensións100x65
Capacidade600
PropietarioConcello de Santiago de Compostela

O Campo Municipal das Cancelas é un recinto deportivo adicado ó fútbol situado a carón do cuartel da Garda Civil en Santiago de Compostela. As instalacións están xestionadas polo concello, o mesmo que o Estadio Multiusos de San Lázaro e o Campo Municipal de Santa Isabel.

Características[editar | editar a fonte]

O campo de fútbol foi construído en 1940 por membros do Victoria Fútbol Club de San Lázaro, equipo fundado en 1937, nuns terreos que foran propiedade de Felipe Romero Donallo e que ían ser convertidos nun cemiterio. O primeiro encontro xogado nas Cancelas enfrontou ó Victoria co San Cayetano.

O recinto conta cunha única tribuna cuberta, con capacidade para 600 seareiros. Os vestiarios están debaixo da tribuna. En 2007 fixéronse reformas no estadio por valor de 390.000 euros para mellorar os vestiarios e o terreo de xogo, que agora é de herba sintética cunhas dimensións de 100x65 metros.

A utilización do campo corresponde a equipos locais, e sobre todo a categorías inferiores, é dicir, rapaces de distintas idades. As liñas do campo permiten dividir o terreo de xogo para a práctica de fútbol 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]