Saltar ao contido

Cineuropa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cineuropa
 Instancia de
 Lingua usada
Datas
 Fundación / creación
1987 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: ev0068115 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Cineuropa é un festival de cinema celebrado cada novembro na cidade de Santiago de Compostela.

Características

[editar | editar a fonte]

A primeira edición tivo lugar en 1987, e celebrouse anualmente, agás en 1995. Á edición de 2011 presentáronse máis dun cento de filmes en cinco salas distintas da cidade: o Teatro Principal, Salón Teatro, a Sede da Fundación Nova Caixa Galicia-CSM, o Auditorio de Galicia e mais o CGAC. Desde entón foi crecendo, e na 35ª edición durante 17 días proxectáronse 161 filmes (151 longametraxes e 10 curtas), creadas por cineastas de 43 nacionalidades.

Seccións oficiais

[editar | editar a fonte]
  • Novos e novas cineastas
  • Cine europeo
  • Panorama internacional
  • Panorama audiovisual galego
  • Docs Cineuropa

Ademais das sección oficiais, conta con diferentes ciclos que varían cada ano, e con actividades paralelas como obradoiros para cativos de entre 8 e 18 anos, programas como Cinema en Curso (coordenado en Galiza en 2021 por Xacio Baño, Jaione Camborda, Ángel Santos e outros, con presenza en diversas autonomías de España, en Alemaña, Chile e México), mesas de debate ou conferencias.[1][2]

  1. "Programa". #CINEUROPA35. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-17.
  2. "O Festival". #CINEUROPA35. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]