Arco de Mazarelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′31.9″O / 42.87806, -8.542194

Arco de Mazarelos.

O arco de Mazarelos[1], tamén coñecido como porta de Mazarelos[2], é unha das portas que daban acceso á cidade de Santiago de Compostela nas Idades Media e Moderna, cando a cidade estaba defendida por unha muralla.

Características[editar | editar a fonte]

A porta de Mazarelos é o único vestixio que queda en pé da muralla de Santiago de Compostela,[3] xa que o resto da mesma foi derrubado entre os séculos XVIII e XIX.[4]

A porta, de arco de medio punto peraltado, ten acaroada no lateral sur unha edificación que conserva os baseamentos do torreón defensivo que flanqueaba a porta. Ambas as arquitecturas están construídas en granito.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

Construción[editar | editar a fonte]

A expedición militar de Almanzor sobre Santiago de Compostela no ano 997 levou ao bispo Cresconio (1037-1066) a reconstruír o sistema defensivo creado por Sisnando II contra 968.[5]

Sobre o segundo anel defensivo (profundos fosos e cercas) que rodeaba o núcleo urbano (o primeiro protexía o locus Sancti Iacobi), Cresconio edificou outra muralla con torreóns de planta cadrada e rolda interior.[5]

Importancia da porta na Idade Media[editar | editar a fonte]

Esta porta antigamente permitía entrar en Santiago de Compostela aos viaxeiros procedentes de Ourense.[6]

Na Idade Media, os peregrinos que llegaban a Santiago de Compostela desde Mérida pola Vía da Prata entraban na cidade pola porta de Mazarelos, que era tamén o lugar por onde entraban o viño do Ribeiro desde a cidade de Ourense,[7] segundo consta no capítulo IX do libro V do famoso Codex Calixtinus, citado por Miguel Etayo Gordejuela:[8]

A cidade de Compostela está situada entre dous ríos chamados Sar e Sarela. O Sar encóntrase ao oriente entre o Monte do Gozo e a cidade, e o Sarela ao poñente. As entradas e portas da cidade son sete. A primeira entrada chámase Porta Francíxena; a segunda, Porta da Pena; a terceira, Porta de Sofrades; a cuarta, Porta do Santo Peregrino; a quinta, Porta Falgueira, que conduce a Padrón; a sexta, Porta de Susannis; e a sétima, Porta de Mazarelos, pola que chega á cidade o precioso Baco.[9]

Hai constancia de que na Idade Media varios cambistas de moedas vivían na praza de Mazarelos,[10] e tamén de que a porta de Mazarelos era unha das máis frecuentadas por transeúntes e transportistas de mercadorías, xa que até ela chegaba o camiño que unía Santiago de Compostela con Comarca do Sar, e por ela chegaban a Santiago os cereais casteláns e os viños do Ribeiro e do val dol Ulla.[11]

Reformas[editar | editar a fonte]

Durante os séculos XVI e XVII realizáronse importantes reparacións e reformas no sistema defensivo da cidade.[5]

Finalmente, no século XIX derrubárionse as murallas, quedando só o arco de Mazarelos e algúns outros pequenos vestixios.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arco de Mazarelos en turismo.gal.
  2. Porta de Mazarelos na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
  3. VV.AA. 2013, p. 136.
  4. VV.AA. e Ortega Romero 1994, p. 146.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Arco de Mazarelos Xunta de Galicia.
  6. García-Braña 1986, p. 31.
  7. VV.AA. 2013, p. 168.
  8. Etayo Gordejuela 2011, p. 143.
  9. Calisto II (1135-1140). Códice Calixtino ou Liber Sancti Iacobi (en latín). V (Guía do Peregrino). 
  10. Portela Silva et al. 2003, p. 188.
  11. Portela Silva et al. 2003, pp. 87-88.
  12. González Méndez & Luaces Anca 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]