Pazo do Hórreo
| Pazo do Hórreo | |
|---|---|
| Santiago de Compostela | |
Vista da fachada do pazo de Hórreo. | |
|
Instancia de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Ocupante
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Remodelación
1986 | |
| Localización | |
|
Situado en
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata C:Commons |
O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]O autor do proxecto do edificio foi Antonio Bermejo Arteaga, contando como mecenas ao político Eugenio Montero Ríos.[1] Inspirouse na francesa École nationale d'Alfort.[2] Comezouse a construír o 25 de marzo de 1903, co obxectivo de albergar a Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela,[3] inaugurándose para tal fin o 2 de outubro de 1915.[4]
Durante o Directorio Militar da ditadura de Primo de Rivera pechouse a escola, e posteriormente transformaríase nun cuartel.[3]
En 1986, o edificio, que pertencía ao Ministerio de Defensa, foi adquirido polos presidentes da Xunta de Galicia e do Parlamento de Galicia.[4] Tras acometerse reformas, comezou a operar como a sede do Parlamento galego o 1º de marzo de 1989.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moure Pazos 2011, p. 256.
- ↑ Moure Pazos 2011, p. 254.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Conde Gómez 2008, p. 27.
- ↑ 4,0 4,1 "El Parlamento conmemora con dos placas y una jornada el centenario del Pazo do Hórreo".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "La escuela de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924)" (3). Consejo General de Colegios Veterinarios de España. ISSN 1130-5436., Diego (2008). "La escuela de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924)" (3). Consejo General de Colegios Veterinarios de España. ISSN 1130-5436.
- Moure Pazos, Iván (2011). "El gran proyecto de Antonio Bermejo y Arteaga para Santiago de Compostela: la Escuela de Veterinaria como émula de la École d´Anatomie d´Alfort en París" (124). Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento". ISSN 0210-847X.
