Saltar ao contido

Oficial (forzas armadas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo oficial[1][2] corresponde á carreira, categoría ou nivel, que os efectivos ostentan desde o rango ou grao desde alférez ou subtenente ata xeneral, capitán xeneral ou mariscal de campo, das forzas armadas ou as forzas de seguridade dunha nación; que adquiren ao finalizaren os seus estudos nas respectivas Escolas de Oficiais de cada país ou ao ascenderen por antigüidade ou mérito, xa sexa o gañado en combate ou en tempo de paz. Os oficiais diferéncianse entre si polo grao e a posición que ocupan dentro do seu rango xerárquico.

Os oficiais teñen como tarefa principal executar, conducir e liderar as diversas operacións levadas a cabo nas súas respectivas institucións, xa sexa en tempos de paz ou de guerra.

O oficial ten unha formación diferente e cunha posición superior ao suboficial no grao de mando.

Exército de terra

[editar | editar a fonte]

Persoal militar cuxa categoría é superior á de suboficial e inferior á de xefe. Nos exércitos españois de Terra e Aire consta dos seguintes rangos, de menor a maior categoría:

Oficiais
Oficiais Superiores
Oficiais Xenerais

Na Armada Española os rangos son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]