Vanguardia Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vanguardia Gallega
LocalidadeLugo
editar datos en Wikidata ]

Vanguardia Gallega foi un diario vespertino editado en Lugo entre 1931 e 1933.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de la República, apareceu o 6 de outubro de 1931. Fundado polos irmáns Juan Antonio e Evaristo Correa Calderón, estaba dirixido por Juan Antonio Correa Calderón. Foi un dos poucos periódicos verdadeiramente republicanos, liberais e laicos e situábase politicamente nunha posición de centro, próximo ao Partido Galeguista. Contou entre os seus colaboradores con Alexandre Bóveda, Víctor Casas, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Luís Pimentel, Juan Rof Codina, Castelao e Ramón Suárez Picallo. Concedeulle bastante espazo aos temas culturais e educativos e aos problemas económicos do campo galego. Cesou a súa publicación o 28 de maio de 1933.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]