José Vázquez Fernández-Pimentel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vázquez Fernández-Pimentel
Biografía
NacementoLugo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsLuís Pimentel, Carlos Vázquez Fernández-Pimentel e María Mercedes V. Fernández-Pimentel Editar o valor em Wikidata

José Vázquez Fernández-Pimentel, nado en Lugo, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán do poeta Luís Pimentel. Estudou na Residencia de Estudiantes. Licenciado en Ciencias químicas. Oficial de telégrafos en Lugo. Bibliotecario da Asociación Instituto de la Cultura Gallega (1931). Militante do Partido Galeguista. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Lugo e a finais de marzo xestor da deputación de Lugo en representación do distrito de Chantada-Sarria logo da dimisión de Armando Abuín Iglesias.[1] Foi director interino da Escola Elemental de Traballo de Lugo. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como director da Escola Elemental de Traballo en outubro,[2] e expedientado por responsabilidades políticas en 1940.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 31-3-1936, p. 13.
  2. La Voz de Galicia, 8-10-1936, p. 5.
  3. BOE, 6-11-1940, p. 5135.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]