Miguel-Anxo Murado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Miguel-Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor, xornalista e guionista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou Xeografía e Historia, especializándose en Arqueoloxía. En 1983 gañou o premio Café Gijón de novela curta en castelán con Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos, un conxunto de relatos, ao que seguíu en 1986 De soños e derribos (máis tarde titulado Memoria de derribos), Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno de Xapón (2000), Lapidario (2003) e O soño da febre (2007). Foi guionista de series como Pratos combinados e Mareas vivas e de longrametraxes como La ley de la frontera (Adolfo Aristain) e Fisterra (Xavier Villaverde).

Como xornalista foi director de Radio Círculo (Madrid) e correspondente de guerra nos Balcáns (1991-1993). Residiu durante varios anos en Oriente Medio, onde, traballando para as Nacións Unidas, foi sucesivamente xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e do Ministerio para Belén 2000. Máis adiante foi correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada. Actualmente é articulista de La Voz de Galicia.

É irmán do pintor Antonio Murado.

[editar] Recoñecementos

En 2008 recibiu o Premio da Crítica Galicia, dentro da sección de Creación Literaria, o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Premio Losada Díeguez pola súa obra O soño da febre. En 2009 recibiu de novo o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Premio Ánxel Casal e o Premio Frei Martín Sarmiento por Fin de século en Palestina.

[editar] Obras

[editar] En galego

[editar] Narrativa

[editar] Poesía

[editar] Teatro

[editar] Ensaio

[editar] Tradución

[editar] Obras colectivas

  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.
  • Berra liberdade, 1996, Galaxia.
  • Materia prima, 2002, Xerais.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.

[editar] En castelán

[editar] Narrativa

[editar] Ensaio

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas