Neymar
Neymar na súa presentación co Barcelona. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Neymar da Silva Santos Júnior | ||
| Nacemento | 5 de febreiro de 1992 (21 anos) | ||
| Lugar | Mogi das Cruzes, Brasil | ||
| Altura | 1,74 m. | ||
| Posición | Dianteiro / Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Barcelona | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1999–2003 | Portuguesa Santista | ||
| 2003–2009 | Santos | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2009–2013 | Santos | 103 | (54) |
| 2013– | Barcelona | 0 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2009 | Brasil sub-17 | 3 | (1) |
| 2011 | Brasil sub-20 | 7 | (9) |
| 2012 | Brasil sub-23 | 2 | (1) |
| 2010– | Brasil | 33 | (20) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 26 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 2 de xuño de 2013. |
|||
Neymar da Silva Santos Júnior (coñecido popularmente como Neymar), nado en Mogi das Cruzes (São Paulo) o 5 de febreiro de 1992 é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista ou dianteiro e o seu actual equipo é o FC Barcelona.
Traxectoria[editar]
En 2003 entrou nas categorías inferiores do Santos Futebol Clube. Debutou no primeiro equipo fronte ó Oeste FC en 2009, con só 17 anos, e marcou o seu primeiro gol á semana seguinte fronte ó Mogi Mirim EC. Ese ano o equipo chegou á final do Campionato Paulista gracias a un gol de Neymar nas semifinais, aínda que despois foi o SE Palmeiras o equipo que venceu nesa final. Ese mesmo ano o Santos rematou 12º no Brasileirao, con 10 goles de Neymar en 33 encontros.
Ó ano seguinte Neymar saltou á fama coas súas actuacións no Campionato Paulista e na Copa de Brasil. No Campionato Paulista marcou 14 goles en 19 encontros, moitos deles espectaculares, axudando a que o Santos gañase o torneo. No encontro de oitavos da Copa de Brasil fronte ó EC Santo André no que o Santos venceu por 8 goles a 1, Neymar anotou 5 deses goles. O Santos tamén gañou ese torneo, no que Neymar anotou 11 goles en 8 encontros. Gracias a esa vitoria o Santos acadou o dereito a participar na edición 2011 da Copa Libertadores.
O seleccionador brasileiro, Dunga, non quixo contar con Neymar para formar parte da selección canariña no Mundial de Fútbol de Sudáfrica 2010, a pesares da presión popular. Tralos malos resultados que a selección obtivo en Sudáfrica, Dunga foi despedido, e o novo seleccionador, Mano Menezes, chamou por vez primeira a Neymar para xogar coa canariña fronte ós Estados Unidos o 10 de agosto de 2010, conseguindo marcar un gol.
Por esas datas comezaron a chegar as primeiras ofertas dende Europa para conseguir asinar a Neymar, como foi o caso do West Ham United, que ofrecía 12 millóns de libras esterlinas.
No Brasileirao 2010, Neymar marcou 17 goles en 31 encontros, e o Santos rematou na 8ª posición.
En 2011 o Santos reeditou o título do Campionato Paulista, con 4 goles de Neymar en 11 encontros. O equipo non participou na Copa de Brasil ó ter que competir na Copa Libertadores. Foi na máxima competición continental de Sudamérica onde Neymar e o Santos tiveron unha actuación mais salientable, acadando o título que o Santos non gañaba dende a época de Pelé, cun gran Neymar que marcou o gol decisivo na final fronte ó Club Atlético Peñarol. Foi entón cando equipos da talla do Real Madrid fixeron as súas ofertas multimillonarias polo xogador, que foron ignoradas polo club e mais polo propio Neymar. Nese verán a xove estrela disputou a Copa América 2011 coa súa selección, facendo un torneo discreto, no cal Brasil foi eliminado antes do previsto. No Brasileirão o equipo fixo unha actuación discreta, en parte debido ás ausencias de Neymar e outros xogadores do equipo que estaban disputando a Copa América. O Santos rematou 10º, e Neymar só disputou 21 dos 38 encontros, acadando 13 goles.
En decembro de 2011 o Santos viaxou a Xapón para disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011, caendo na final fronte ó FC Barcelona de Lionel Messi, co cal se fixeron moitas comparacións con Neymar dende a prensa deportiva.