Liga Premier de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liga Premier de Rusia
Fundación 1992
Rexión Flag of Russia.svg Rusia
Equipos 16
Actual campión Zenit San Petersburgo
Máis laureado Spartak Moscova (9 títulos)
Televisión NTV Plus
Sitio web http://www.rfpl.org/

A Liga Premier de Rusia é a máxima categoría das ligas de fútbol en Rusia a nivel de clubs. A liga naceu en 1992 como herdeira da liga soviética ó desaparecer a URSS, e dende entón tense disputado cada ano durante as estacións de primavera, verán e outono, comezando en marzo e rematando en novembro.

Actualmente os dous primeiros equipos da liga clasifícanse directamente para disputar a Fase de Grupos da Liga de Campións da UEFA. O terceiro equipo clasifícase para disputar a Rolda Previa da Liga de Campións da UEFA. Os equipos 4º e 5º clasifícanse para disputar a UEFA Europa League.

A tempada 2011-12 é unha tempada de transición para copiar o formato das ligas occidentais, rematando o torneo no verán.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Campión Subcampión
2011/12 Zenit San Petersburgo Spartak Moscova
2010 Zenit San Petersburgo CSKA Moscova
2009 Rubín Kazán Spartak Moscova
2008 Rubín Kazán CSKA Moscova
2007 Zenit San Petersburgo Spartak Moscova
2006 CSKA Moscova Spartak Moscova
2005 CSKA Moscova Spartak Moscova
2004 Lokomotiv Moscova CSKA Moscova
2003 CSKA Moscova Zenit San Petersburgo
2002 Lokomotiv Moscova CSKA Moscova
2001 Spartak Moscova Lokomotiv Moscova
2000 Spartak Moscova Lokomotiv Moscova
1999 Spartak Moscova Lokomotiv Moscova
1998 Spartak Moscova CSKA Moscova
1997 Spartak Moscova Rotor Volgogrado
1996 Spartak Moscova Alania Vladikavkaz
1995 Alania Vladikavkaz Lokomotiv Moscova
1994 Spartak Moscova FC Dinamo Moscova
1993 Spartak Moscova Rotor Volgogrado
1992 Spartak Moscova Alania Vladikavkaz
Títulos por club

1º - Spartak Moscova (9) = 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001

2º - Zenit San Petersburgo (3) = 2007, 2010, 2011/12

2º - CSKA Moscova (3) = 2003, 2005, 2006

4º - Rubín Kazán (2) = 2008, 2009

4º - Lokomotiv Moscova (2) = 2002, 2004

6º - Alania Vladikavkaz (1) = 1995

Equipos 2011-2012[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]