Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Villa Sánchez, nado en Tuilla (Langreo, Asturias) o 3 de decembro de 1981, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo e o Fútbol Club Barcelona. Caracterízase pola súa rapidez e mobilidade. O seu alcume é «El Guaje», chamado así polos seus amigos porque sempre xogaba cos maiores.[1]
En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
[editar] Traxectoria
O 19 de maio de 2010 anunciouse o seu traspaso ao Fútbol Club Barcelona por un total de 40 millóns de euros.[2]
[editar] Selección nacional de España
O seu debut produciuse o 9 de febreiro de 2005, en Almería. Disputábase un partido de clasificación para o Mundial de Alemaña 2006, cuxo resultado foi España 5-0 San Mariño.
No primeiro partido de España no Mundial contra Ucraína, Villa marcou dous goles. O primeiro nun libre directo que tocou na barreira descolocando ao porteiro, e o segundo de penalti (que foi o primeiro en sinalarse en devandito torneo). En oitavos de final marcou, de novo de penalti, esta vez ante Francia, equipo que apeou da competición aos españois por 3-1.
Xogando con España, converteuse en máximo goleador da Eurocopa 2008 cun total de 4 goles. O día 10 de xuño de 2008, no partido de debut da selección española contra a selección rusa, Villa fixo un hat-trick. O resultado final foi 4-1 a favor de España.
No segundo partido de España, xogado o 14 de xuño contra Suecia, Villa marcou o gol da vitoria por 2-1 no último minuto do partido e mete a España en cuartos de final como 1ª de grupo. En cuartos de final contra Italia marcou o primeiro penalti da serie de penaltis, na vitoria de España 4-2, tras terminar o partido 0-0 en tempo regular. Na semifinal contra Rusia saíu lesionado. Unha microrrotura fibrilar impediulle xogar a final onde España conseguiu o seu segundo campionato Europeo da UEFA, ao derrotar a Alemaña 1-0.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica, no que marcou 5 dos 8 goles de España.
[editar] Participacións en Copas do Mundo
[editar] Participacións en Eurocopas
[editar] Estatísticas
| Club |
Tempada |
Liga |
Copa do Rei |
Comp. Europea |
Supercopa |
Selección |
Total |
| Part. |
Goles |
Part. |
Goles |
Part. |
Goles |
Part. |
Goles |
Part. |
Goles |
Part. |
Goles |
| Valencia CF |
2009 – 2010 |
24 |
17 |
2 |
0 |
6 |
6 |
- |
- |
4 |
2 |
36 |
25 |
| 2008 – 2009 |
33 |
28 |
3 |
1 |
5 |
1 |
2 |
2 |
14 |
15 |
57 |
47 |
| 2007 – 2008 |
28 |
18 |
6 |
1 |
7 |
3 |
- |
- |
12 |
6 |
53 |
28 |
| 2006 – 2007 |
36 |
15 |
2 |
0 |
11 |
5 |
- |
- |
11 |
7 |
60 |
27 |
| 2005 – 2006 |
37 |
25 |
4 |
2 |
- |
- |
- |
- |
11 |
5 |
52 |
32 |
| Real Zaragoza |
2004 – 2005 |
35 |
16 |
1 |
0 |
10 |
3 |
2 |
0 |
1 |
0 |
49 |
19 |
| 2003 – 2004 |
38 |
16 |
8 |
4 |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
46 |
20 |
| Total Primeira división |
227 |
135 |
26 |
8 |
38 |
15 |
4 |
2 |
53 |
35 |
348 |
195 |
| Sporting de Gijón |
2002 – 2003* |
39 |
20 |
1 |
1 |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
40 |
21 |
| 2001 – 2002* |
40 |
18 |
3 |
2 |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
43 |
20 |
| 2000 – 2001* |
1 |
0 |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
- |
1 |
0 |
| Total |
302 |
170 |
28 |
11 |
37 |
14 |
4 |
2 |
54 |
36 |
423 |
233 |
| Datos correspondentes a 19 de Marzo de 2010
* Segunda división
|
[editar] Campionatos nacionais
[editar] Campeonatos internacionais
[editar] Distincións individuais
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas