Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Amsterdamsche Football Club Ajax, coñecido como Ajax Amsterdam, é un club de fútbol neerlandés da cidade de Ámsterdam.
Foi fundado o 18 de marzo de 1900 e actualmente compite na Eredivisie, a máxima categoría do fútbol nos Países Baixos, na que milita dende os primeiros anos da competición. Disputa os seus partidos como local no Amsterdam Arena.
- Uniforme titular: Camiseta branca cunha franxa vertical grosa de cor vermella, pantalón branco, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón negro, medias azuis.
O Amsterdam Arena, estadio do Ajax
O estadio do Ajax é o Amsterdam Arena, cunha capacidade para 51.628 espectadores. O estadio foi inaugurado oficialmente o 14 de agosto de 1996, nun partido entre o Ajax e o AC Milan, que finalizou cun triunfo de 1-4 a favor do equipo italiano.
[editar] Datos do club
- Tempadas en 1ª: 50
- Tempadas en 2ª: 0
- Maiores goleada conseguidas:
- En torneos nacionais: 1-14 fronte ó WHC (23/12/2009)
- En torneos internacionais: 14-0 fronte ó Red Boys Differdange (03/10/1984) (Copa UEFA)
- Maior goleada recibida:
- En torneos nacionais: 9-4 fronte ó Feyenoord (29/11/1964)
- Mellor posto na liga: 1º (29 veces)
- Máximo goleador: Piet van Reenen con 273 goles.
- Máis partidos disputados: Sjaak Swart con 463 partidos.
[editar] Cadro actual
[editar] Torneos nacionais
- Eredivisie (30): 1917–18, 1918–19, 1930–31, 1931–32, 1933–34, 1936–37, 1938–39, 1946–47, 1956–57, 1959–60, 1965–66, 1966–67, 1967–68, 1969–70, 1971–72, 1972–73, 1976–77, 1978–79, 1979–80, 1981–82, 1982–83, 1984–85, 1989–90, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1997–98, 2001–02, 2003–04, 2010-11.
- Copa dos Países Baixos (18):1916–17, 1942–43, 1960–61, 1966–67, 1969–70, 1970–71, 1971–72, 1978–79, 1982–83, 1985–86, 1986–87, 1992–93, 1997–98, 1998–99, 2001–02, 2005–06, 2006–07, 2009-10.
- Supercopa dos Países Baixos (7): 1993, 1994, 1995, 2002, 2005, 2006, 2007.
[editar] Torneos internacionais
[editar] Torneos amigables
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: