Scottish Premiership

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scottish Premiership
Fundación2013
RexiónEscocia Escocia
ConfederaciónUEFA
Equipos12
CopaScottish Cup
DescensoScottish Championship
InternacionalLiga de Campións
UEFA Europa League
Actual campiónCeltic (7º título)
Máis laureadoCeltic (7 títulos)
TelevisiónSky Sports, BT Sports, BBC Escocia
Sitio webspfl.co.uk

A Scottish Premiership, ou Ladbrokes Premiership por razóns de patrocinio, é a máxima categoría de fútbol de Escocia. A primeira Scottish Premiership comezouse en xullo do ano 2013 ao xuntarse a Scottish Premier League e a Scottish Football League.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A liga conta con 12 equipos. O sistema de competición é un sistema único e que só se dá en Escocia, este é o denominado sistema da liga de fútbol de Escocia.

O campión da liga clasifícase para a terceira rolda de cualificación da UEFA Champions League. O segundo tamén se clasifica pero para a segunda rolda. O terceiro e o cuarto xogan a UEFA Europa League. O último clasificado descende ao Scottish Championship e o penúltimo xógase un playoff polo descenso.

Equipos participantes 2019/20[editar | editar a fonte]

Celtic Park.
Club Cidade Estadio Capacidade
Aberdeen Aberdeen Pittodrie Stadium 20.866
Celtic Glasgow Celtic Park 60.411
Hamilton Academical Hamilton New Douglas Park 6.018
Heart of Midlothian Edimburgo Tynecastle Park 20.099
Hibernian Edimburgo Easter Road 20.421
Kilmarnock Kilmarnock Rugby Park 17.889
Livingston Livingston Almondvale Stadium 9.512
Motherwell Motherwell Fir Park 13.677
Rangers Glasgow Ibrox Stadium 50.817
Ross County Dingwall Victoria Park 6.541
St. Johnstone Perth McDiarmid Park 10.696
St. Mirren Paisley St. Mirren Park 7.937

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Máximo goleador Goles
2013–14 Celtic Motherwell Escocia Kris Commons (Celtic) 27
2014–15 Celtic Aberdeen Adam Rooney (Aberdeen) 18
2015–16 Celtic Aberdeen Escocia Leigh Griffiths (Celtic) 31
2016–17 Celtic Aberdeen Liam Boyce (Ross County) 23
2017–18 Celtic Aberdeen Escocia Kris Boyd (Kilmarnock) 18
2018–19 Celtic Rangers Alfredo Morelos (Rangers) 18
2019–201 Celtic Rangers Odsonne Édouard (Celtic) 22

1A Scottish Premiership 2019–20 foi suspendida en marzo de 2020 debido á pandemia por coronavirus. O 18 de maio de 2020 deuse por rematada a liga, e utilizouse a media de puntos por partido para calcular a clasificación final.[1]

Títulos por club[editar | editar a fonte]

Club Campión Subcampión Campionatos
Celtic
7
0
2013–14, 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2017–18, 2018–19, 2019–20
Aberdeen
0
4
Rangers
0
2
Motherwell
0
1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Celtic champions & Hearts relegated after SPFL ends season". BBC Sport. 18 de maio de 2020. Consultado o 18 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]