Estádio do Dragão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°9′42.33″N 8°35′2.16″W / 41.1617583°N 8.5839333°W / 41.1617583; -8.5839333

Estádio do Dragão
Estadio do Dragao 20050805.jpg
Datos
Localización Porto, Portugal
Arquitecto Manuel Salgado
Custo 98 millóns de euros
Inauguración 16 de novembro de 2003
Superficie Herba
Capacidade 50.399
Dimensións 105 x 68 m.
Propietario FC Porto
Localía FC Porto (2003– )
Eventos
Eurocopa 2004

O Estádio do Dragão é un estadio de fútbol portugués localizado en Porto, con capacidade para 50.399 espectadores. Serve de localía ao FC Porto.

Historia [editar]

O estadio construiuse para substituír ao vello Estádio das Antas, e inaugurouse o 16 de novembro de 2003 nun encontro amigable do FC Porto contra o FC Barcelona, partido no que debutou Lionel Messi no conxunto catalán.

Nel xogáronse 5 encontros da Eurocopa 2004 organizada por Portugal. Un deses encontros foi o inaugural do torneo, que enfrontou a Portugal con Grecia. Outros encontros foron o Italia-Suecia, o Alemaña-Países Baixos, o Chequia-Dinamarca de cuartos de final e o Grecia-Chequia das semifinais.

Interior do Estadio do Dragão.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: