Rafael Benítez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Rafael Benítez Maudes | ||
| Nacemento | 16 de abril de 1960 (53 anos) | ||
| Lugar | Madrid, España | ||
| Altura | 1,75 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Chelsea (adestrador) | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1974–1981 | Castilla | 247 | (7) |
| 1981 | → Guardamar (cedido) | ||
| 1981–1985 | Parla | 124 | (8) |
| 1985–1986 | Linares | 34 | (7) |
| Total | 405 | (22) | |
| Adestrador | |||
| 1994–1995 | Real Madrid B | ||
| 1995–1996 | Valladolid | ||
| 1996–1997 | Osasuna | ||
| 1997–1999 | Extremadura | ||
| 2000–2001 | Tenerife | ||
| 2001–2004 | Valencia | ||
| 2004–2010 | Liverpool | ||
| 2012– | Chelsea | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Rafael Benítez Maudes, nado en Madrid o 16 de abril de 1960, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e actualmente esta a adestrar o Chelsea
Índice |
Traxectoria [editar]
Entre 1974 e 1986 desempeñouse como centrocampista en equipos menores, entre eles o Real Madrid Castilla, e tras a súa retirada incorporouse ao Real Madrid como adestrador da canteira. En 1995 desvinculouse da entidade madrileña para adestrar ao Real Valladolid (1995-1996) e posteriormente ao Osasuna (1996-97).
Logo de dous anos en Valladolid e Pamplona, ascendeu ao Extremadura a Primeira División, aínda que un ano despois o equipo descendería de novo. En 1999 abandonou o club estremeño e, un ano máis tarde, empezou a adestrar ao Tenerife, co que alcanzaría un novo ascenso a Primeira.
En 2001 o Valencia contratou ao adestrador madrileño, que gañou a Liga na tempada 2001-02. En 2004 os valencianistas obtiveron unha Copa da UEFA e outro campionato de liga.
Entre 2004 e 2010 foi o adestrador do Liverpool, co que obtivo a Liga de Campións 2004-05. Con el no banco os reds venceron na FA Cup (2006) e caeron derrotados na final da Liga de Campións 2006-07.
En xuño de 2010 ficha polo Inter de Milán. Tras 17 xornadas na Liga italiana (co club no sétimo posto da clasificación), en oitavos de final da Liga de Campións e recentemente conseguido o título da Copa Mundial de Clubs da FIFA, o 23 de decembro de 2010 fíxose oficial a súa destitución logo de numerosos rumores colocándoo fóra do club.
Palmarés [editar]
Xogador [editar]
- Parla
- Terceira División: 1981–82
Adestrador [editar]
- Valencia
- Primeira División: 2001–02, 2003–04
- Copa da UEFA: 2003–04
- Liverpool
- FA Cup: 2005–06
- FA Community Shield: 2006
- UEFA Champions League: 2004–05
- Supercopa de Europa: 2005
- Internazionale
- Supercoppa Italiana: 2010
- Copa Mundial de Clubs da FIFA: 2010
Persoal [editar]
- Premio Don Balón: 2002
- Adestrador do ano da UEFA: 2003–04, 2004–05
- Adestrador do Mes da Premier League: Novembro 2005, Decembro 2005, Xaneiro 2007, Outubro 2008, Marzo 2009, Abril 2013