Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Fußball-Club Gelsenkirchen-Schalke 04 e.V., mellor coñecido simplemente como Schalke 04, é un club alemán de fútbol da cidade de Gelsenkirchen que compite regularmente na Bundesliga, a máxima categoría deste deporte no país xermano. O club foi fundado no ano 1904, como se reflexa no seu nome. Trátase dun dos equipos de fútbol máis populares de Alemaña, a pesares de ter acadado a maioría dos seus éxitos nos anos 30 e 40 do século pasado. A encontro de maior rivalidade do Schalke 04 é co seu veciño, o Borussia Dortmund. Ese encontro é coñecido como Derbi do Ruhr. O club tamén se adica a baloncesto, balonmán, atletismo, etc.
O FC Schalke 04 xoga os seus encontros como local no Ventils-Arena, que se chama así por razóns publicitarias, que foi construído entre os anos 1998 e 2001, e inaugurado no 2001. A capacidade do estadio é de 61.672 persoas como máximo, 54.142 sentadas. Antes de construír este estadio novo, o Schalke04 xogaba nun estadio con pistas de atletismo e capacidade para 62.109 persoas, chamado Parkstadion, a carón do novo estadio, que agora está en ruínas.
Xogadores 2011/12 [editar]
Torneos nacionais [editar]
- Bundesliga (7): 1933/34, 1934/35, 1936/37, 1938/39, 1939/40, 1941/42, 1957/58
- Copa de Alemaña (5): 1936/37, 1971/72, 2000/01, 2001/02, 2010/11
- 2. Bundesliga (2): 1981/82, 1990/91
Torneos internacionais [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]