Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Eredivisie (en galego: División de Honra) é a máxima competición de clubs profesionais de fútbol nos Países Baixos.
A Primeira División dos Países Baixos é a oitava mellor liga do mundo segundo o ranking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]
Sistema de competición[editar]
A competición comeza ao finalizar o verán e termina antes do inicio do mesmo, cun mes de descanso en Nadal, do mesmo xeito que noutras ligas europeas. Son 18 os equipos que participan cada ano, enfrontándose todos contra todos en dúas ocasións, cada unha no campo de cada equipo. Unha vitoria nun partido prémiase con tres puntos, e un empate cun.
O campión de liga obtén un pase directo á Liga de Campións da UEFA, e, desde a tempada 2008-09 o segundo clasificado xoga unha rolda preliminar do certame. O terceiro e cuarto clasificados xogan a UEFA Europa League, coa variante de que o terceiro xoga a cuarta rolda preliminar, e o cuarto clasificado, a terceira fase preliminar. Do quinto ao oitavo lugar xóganse os playoffs para definir un pase á mesma competición europea.
O último clasificado descende á Eerste Divisie, sendo substituído polo campión desta serie. Os 16º e 17º xogan a promoción con clubs da primeira división para manterse na máxima categoría.
Participantes 2011/12[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
. . . Competicións entre Clubs de Fútbol en Europa:
|
|
| Continentais |
|
|
|
|
|
|
|
Ligas
|
|
|