Himno da Liga de Campións da UEFA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Himno da Liga de Campións da UEFA, titulado de xeito oficial simplemente como Champions League, é unha adaptación de Tony Britten[1] da peza de Georg Friedrich Händel chamada "Zadok the Priest" (en galego: "Zadok o sacerdote"), pertencente á serie dos catro "Coronation Anthems" (en galego: himnos de coroación).

Historia e características[editar | editar a fonte]

A UEFA elixiu a Tony Britten en 1992 para levar a cabo a creación do seu himno. Unha vez arranxada a composición orixinal de Händel, Champions League foi interpretada pola Royal Philharmonic Orchestra e o coro da Academy of St. Martin in the Fields. A letra da canción está escrita no tres idiomas oficiais da UEFA, é dicir, en inglés, alemán e francés.

Antes dos partidos e nas retransmisións de televisión interprétase unha versión abreviada do himno, que é a correspondente á seguinte parte da letra:

Ils sont les meilleurs

Sie sind die besten
These are the champions
Die Meister
Die Besten
Les grandes équipes

The champions!

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tony Britten". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]