Villarreal Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Villarreal
Nome Villarreal Club de Fútbol
Alcume(s) Submarino Amarillo
Fundación 1942
Estadio El Madrigal,
Vila-real, España
Inauguración 1923
Capacidade 25.000
Presidente España Fernando Roig
Adestrador España Marcelino García Toral
Liga Primeira División
2012–13 (Segunda División)
Vestimenta Xtep
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Villarreal Club de Fútbol (en valenciano: Vila-real Club de Futbol), tamén coñecido coma o Submarino amarelo, é un club de fútbol español da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Foi fundado no ano 1923 e militará a próxima tempada na Primeira división española, logo de ascender na tempada 2012–13.

Un dos seus maiores logros internacionais, e da súa historia, foi na tempada 2005-06, na Liga de Campións da UEFA, onde chegou ata as semifinais, converténdose no mellor equipo debutante da competición baixo ese nome, sendo adestrador Manuel Pellegrini, o técnico máis exitoso da historia do club, que tamén conseguíu ser subcampión de Liga en 2008.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo xogou en divisións inferiores ata que na tempada 1997–98 acabou cuarto da Segunda División. Na promoción de ascenso a Primeira División xogou contra o SD Compostela, empatando os dous partidos, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario ascendeu á primeira categoría. O gol que supuxo o ascenso fíxoo Alberto Saavedra. Debutou por primeira vez neste torneo o 31 de agosto de 1998 contra o Real Madrid CF.

Gañou a Copa Intertoto no verán de 2003 clasificándose así para a Copa da UEFA. Na seguinte tempada o Villarreal acadou as semifinais da Copa da UEFA 2003–04, perdendo ante o seu veciño e finalmente campión Valencia CF. Con todo, ese verán volveu a gañar a Copa Intertoto de novo, clasificándose para a Copa da UEFA da seguinte tempada, na que lograrían un novo grande éxito.

Na tempada 2004–05 quedou terceiro na Primeira División, tralo FC Barcelona e o Real Madrid CF, o que lles levou a xogar a Liga de Campións. Na fase de grupos, conseguiu eliminar a clubs de prestixio mundial coma o Manchester United inglés, o Glasgow Rangers escocés, ou o Inter de Milán italiano. O soño da final quedou frustrado polo Arsenal que eliminou ao Villareal nas semifinais.

Na tempada 2007–08 cun balance de 17 vitorias, 5 empate e 7 derrotas en 29 xornadas, o Villarreal asinou o seu mellor arranque ligueiro da historia, con 56 puntos, a tan só 6 puntos do Real Madrid CF. O 4 de maio de 2008, tras gañar ao Recreativo de Huelva no Nuevo Colombino (0–2), e tras a derrota do FC Barcelona no Santiago Bernabéu (4–1), o Villarreal asegurouse matematicamente o subcampionato ligueiro a falta de dúas xornadas, co que participarían por segunda vez na súa historia na Liga de Campións da UEFA, esta vez sen disputar a fase previa. E isto de man de Manuel Pellegrini.

Na tempada 2011–12, tras cambiar de adestrador en dúas ocasións (Juan Carlos Garrido comezou a campaña, sendo substituído por José Francisco Molina e este por Miguel Ángel Lotina) e tras xogar doce anos consecutivos na máxima categoría, o Villarreal CF retornou á Segunda División. O descenso consouse na derradeira xornada do campionato cunha derrota en El Madrigal contra o Atlético de Madrid (0–1).

O 6 de xuño de 2012 anunciouse que o adestrador na nova etapa en Segunda División sería Manuel Preciado, falecendo un día despois, sen chegar a ser presentado.[1] Finalmente foi Julio Velázquez o adestrador, que sería substituído logo dunha primera volta irregular por Marcelino García Toral. O equipo acabou en segunda posición, volvendo a Primeira División só un ano despois do descenso.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis escuras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio El Madrigal.

O estadio no que xoga o equipo é o estadio de El Madrigal. Inaugurouse o 17 de xuño de 1923 baixo o nome de Campo do Villarreal, cun partido entre o CD Castellón e o Cervantes. En 1925 pasou a chamarse El Madrigal, na honra dos antigos terreos onde se atopa o recinto deportivo. Actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores e unhas dimensións de 105 por 68 metros.

Durante a súa historia sufriu varias remodelacións. A primeira remodelación levou a cabo no verán de 1952. Durante os anos 60 o club construíu unha pequena cuberta, e durante os anos 1971/72 as gradarías da parte sur do estadio foron terminadas. No 1988 a galería foi demolida para construír unha nova. Para o 75º aniversario do estadio, o club comezou novas renovacións. As gradarías do sur foron novamente demolidas, para instalar unhas novas con cuberta e un anfiteatro, tamén un centro VIP. A cabeceira norte foi reconstruída, culminando os traballos na Liga do ano 1999-00.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial por tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
de 29–30 Regional
ata 55–56 Regional
1956/57
1957/58
1958/59
1959/60 12º
1960/61 14º
from 61–62 Rexional
to 66–67 Rexional
1967/68
1968/69
1969/70 3ª Rolda
1970/71 16º 1/16
1971/72 17º 1/32
1972/73 12º 1/64
1973/74 12º 1/64
1974/75 1/64
1975/76 13º 1/64
1976/77 Rexional
1977/78 15º 1ª Rolda
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1978/79 13º 1/64
1979/80 1/64
1980/81 16º 1ª Rolda
1981/82
1982/83 14º
1983/84 13º
1984/85 14º
1985/86
1986/87 1/16
1987/88 2ªB 2ª Rolda
1988/89 2ªB 1ª Rolda
1989/90 2ªB 18º
1990/91 2ª Rolda
1991/92 2ªB 2ª Rolda
1992/93 13º 1/4
1993/94 16º 1/16
1994/95 10º 1/16
1995/96 15º 1/64
1996/97 10º 1/16
1997/98 1/64
Tempada Categoría Posto Copa do Rei LC UEFA
1998/99 18º 1/8
1999/00 1/8
2000/01 1/64
2001/02 15º 1/4
2002/03 15º 1/32
2003/04 1/8 1/2
2004/05 1/32 1/4
2005/06 1/8 1/2
2006/07 1/8
2007/08 1/4 1/16
2008/09 1/16 1/4
2009/10 1/8 1/16
2010/11 1/4 1/2
2011/12 18º 1/16 1/16
2012/13 2ª Rolda
2013/14


Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Villarreal CF.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 12 de agosto de 2012.
Posto País Xogador
3 DEF España Joan Oriol
10 MED España Cani
11 MED Flag of Paraguay.svg Hernán Pérez
14 DEF España Mario
15 DEF España Catalá
19 MED España Marcos Senna Capitán
Posto País Xogador
21 MED España Bruno
22 DIA Italia Giuseppe Rossi
24 POR Galicia Diego Mariño
28 DEF Francia Florian Lejeune
41 DIA España Luis Barroso

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

  • Campionato Rexional de Afeccionados (1): 1951

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • Mellor equipo do mundo do mes de decembro de 2004 segundo a IFFHS.[2]
  • Premio ó Fomento e Promoción do Deporte en 2007 para a Escola de Fútbol do Villarreal na Iª Edición dos Premios Nostresport.[3]

Filiais[editar | editar a fonte]

Villarreal B[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Villarreal B.

O Villarreal Club de Fútbol B é o primeiro equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 1999 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Debutou en Terceira División na tempada 2003-2004, ascendeu a Segunda División B na 2006-2007 e a tempada 2008-2009 ascendeu a Segunda División A. En 2012 descendeu novamente a Segunda B polo descenso do primeiro equipo a Segunda.

Villarreal C[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Villarreal CF C.

O Villarreal Club de Fútbol C é o segundo equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 2002. Debutou en Rexional Preferente na tempada 2004-2005 e ascendeu a Terceira División na 2006-2007.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villarreal Club de Fútbol

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]