Wayne Rooney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wayne Rooney
Rooney CL.jpg
Información persoal
Nome completo Wayne Mark Rooney
Nacemento 2 de outubro de 1985 (28 anos)
Lugar Croxteth, Liverpool, Inglaterra
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Manchester United
Número 10
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Everton 67 (15)
2004– Manchester United 278 (141)
Selección nacional
2000–2001 Inglaterra sub-15 4 (2)
2001–2002 Inglaterra sub-17 12 (7)
2002–2003 Inglaterra sub-19 81 (35)
2003– Inglaterra 81 (35)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 5 de maio de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 26 de marzo de 2013.

Wayne Rooney, nado en Croxteth, preto de Liverpool, o 2 de outubro de 1985, é un futbolista inglés. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Manchester United FC da Premier League e a Selección de fútbol de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador de club[editar | editar a fonte]

Rooney comezou a súa carreira no Everton Football Club, e despois de dúas tempadas asinou co Manchester United por 25'6 millóns de libras. Dende entón acadou 4 Premier Leagues, 3 Carling Cups, 4 Community Shields, 1 Liga de Campións da UEFA e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA. A pesar de ser un dianteiro goleador, nunca gañou a Bota de Ouro da Premier League.

Xogador de selección[editar | editar a fonte]

Coa selección inglesa debutou en 2003, e despois disputou a Eurocopa de Portugal 2004 (4 goles), o Mundial de Alemaña 2006 (0 goles), e o Mundial de Sudáfrica 2010 (0 goles), caendo sempre en cuartos ou en oitavos de final.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]