Malmö FF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malmö FF
Nome Malmö Fotbollförening
Alcume(s) Azuis, Himmelsblått
Fundación 1910
Estadio Swedbank Stadion,
Malmö, Suecia Flag of Sweden.svg
Inauguración 2009
Capacidade 24.000
Presidente Flag of Sweden.svg Håkan Jepsson
Adestrador Flag of Sweden.svg Roland Nilsson
Liga Allsvenskan
2010
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Malmö Fotbollförening é un equipo de fútbol sueco da cidade de Malmö. Foi fundado en 1910 e xoga na primeira categoría do país, a Allsvenskan.

O Malmö FF, xunto co IFK Göteborg e o AIK son normalmente considerados como os tres grandes clubs de fútbol suecos, sumando 42 títulos de campionato en total. O Mälmo FF gañou 15 títulos do campionato nacional, así como 14 títulos de copa. Ademais, é o único equipo sueco que xogou unha final na Liga de Campións.

Historia[editar | editar a fonte]

O club fundouse o 24 de febreiro de 1910. En 1931 debutou na máxima categoría da liga sueca, a Allsvenskan. Con todo, en 1933 foi degradado pola Asociación Sueca de Fútbol, cando o rival do Malmö FF, o IFK Malmö, denunciou ao club por pagar aos seus xogadores, práctica por entón prohibida ao tratarse dunha competición amateur. En 1936 regresou á Allsvenskan.

En 1944 logrou os seus primeiros títulos, ao conquistar o dobrete, liga e copa. O club encadeou unha década de éxitos, na que gañou cinco ligas e cinco copas.

O seu maior éxito europeo chegou na tempada 1978/79, cando conseguiu alcanzar, sorpresivamente, a final da Copa de Europa, onde caeu derrotado ante o Nottingham Forest cun resultado de 0-1, coa metade do equipo titular lesionado, marcando con Trevor Francis. Na seguinte tempada disputou a Copa Intercontinental, debido á renuncia do club inglés como campión de Europa, ante o Club Olimpia de Paraguai, adxudicándose dito certame o conxunto suramericano.

En 1999, tras 63 tempadas consecutivas na Allsvenskan, o Malmö FF baixou a segunda de división, sendo este o primeiro descenso da súa historia por motivos deportivos. Un ano despois, o club conseguiu recuperar a categoría.

Tras quince anos sen títulos, en 2004 proclamouse novamente campión de Allsvenskan, a 18ª liga da súa historia.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta azul celeste, pantalón branco, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta a raias branquivermellas, pantalón negro, medias negras.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Allsvenskan (19): 1943-44, 1948-49, 1949-50, 1950-51, 1952-53, 1965, 1967, 1970, 1971, 1974, 1975, 1977, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 2004, 2010
  • Allsvenskan (play-off) (2): 1986, 1988
  • Copa de Suecia (14): 1944, 1946, 1947, 1951, 1953, 1967, 1972-73, 1973-74, 1974-75, 1977-78, 1979-80, 1983-84, 1985-86, 1988-89
  • Subcampión da Allsvenskan (14): 1945-1946, 1947-48, 1951-52, 1955-56, 1956-57, 1964, 1968, 1969, 1976, 1978, 1980, 1983, 1996, 2002
  • Subcampión da Copa de Suecia (3): 1945, 1970-71, 1995-96

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]