Ligue 1
| Fundación | 1932 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 20 |
| Actual campión | Montpellier (1º título) |
| Máis laureado | AS Saint-Étienne (10 títulos) |
| Emisión en TV | Canal+ Orange Sport |
| Organizador | Ligue de Football Professionnel |
| Sitio web | www.lfp.fr |
A Ligue 1 (oficialmente, por motivos de patrocinio, Ligue 1 Orange) é a máxima categoría da Liga francesa de fútbol. Dispútase desde 1932, aínda que anteriormente denominouse Division 1. Está organizada pola Ligue de Football Professionnel.
O Championnat francés é a sexta mellor liga do mundo segundo o ranking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]
Índice |
Historia [editar]
En 1932 e tras un longo debate, o fútbol profesional instalouse en Francia. Iso impulsou a creación dun campionato nacional de liga, xa que ata entón só se disputaban varios torneos rexionais, ademais da Copa de Francia.
O 11 de setembro de 1932 disputouse a primeira xornada do que inicialmente se chamou Championnat National. Organizáronse dous grupos, de dez equipos cada un, cuxos respectivos campións, AS Cannes e Olympique Lillois enfrontáronse entre si nunha final polo título, na que se impuxeron os segundos.
A seguinte tempada xa se adoptou o formato de grupo único, con 14 equipos, e o campionato pasou a denominarse Division 1.
Sistema de competición [editar]
Actualmente participan na liga vinte clubs, que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario. Son un total de 38 xornadas, que se desenvolven entre os meses de agosto e maio do seguinte ano. O calendario dos partidos establécese por sorteo antes do inicio do campionato.
O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma puntos, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo. Ao termo do campionato, o equipo que acumula máis puntos proclámase campión da liga francesa e clasifícase para a Liga de Campións da UEFA, xunto co segundo clasificado. O terceiro clasificado obtén o dereito a disputar unha eliminatoria previa para acceder á Liga de Campións. O cuarto clasificado obtén unha praza para a UEFA Europa League. Os tres últimos equipos descenden á Ligue 2, sendo substituídos a seguinte tempada polos tres primeiros clasificados desta categoría.
Participantes 2012/13 [editar]
- Ver: Ligue 1 2012-2013.
Palmarés [editar]
| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión | Títulos (anos) |
|---|---|---|---|---|
| 1 | AS Saint-Étienne | 10 | 3 | 1957, 1964, 1967, 1968, 1969, 1970, 1974, 1975, 1976, 1981 |
| 2 | Olympique de Marsella | 9 | 10 | 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 2010 |
| 3 | FC Nantes | 8 | 7 | 1965, 1966, 1973, 1977, 1980, 1983, 1995, 2001 |
| 4 | AS Mónaco | 7 | 5 | 1961, 1963, 1978, 1982, 1988, 1997, 2000 |
| 5 | Olympique de Lión | 7 | 3 | 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 |
| 6 | FC Girondins de Bordeos | 6 | 9 | 1950, 1984, 1985, 1987, 1999, 2009 |
| 7 | Stade de Reims | 6 | 3 | 1949, 1953, 1955, 1958, 1960, 1962 |
| 8 | Lille OSC (e Olympique Lillois) | 4 | 6 | 1933, 1946, 1954, 2011 |
| 9 | OGC Niza | 4 | 3 | 1951, 1952, 1956, 1959 |
| 10 | Paris Saint-Germain FC | 2 | 7 | 1986, 1994 |
| 11 | RC Lens | 2 | 4 | 1944, 1998 |
| 12 | FC Sochaux-Montbéliard | 2 | 3 | 1935, 1938 |
| 13 | FC Sète | 2 | 0 | 1934, 1939 |
| 14 | RCF Paris | 1 | 2 | 1936 |
| 15 | RC Estrasburgo | 1 | 1 | 1979 |
| 16 | CO Roubaix-Tourcoing | 1 | 0 | 1947 |
| AJ Auxerre | 1 | 0 | 1996 | |
| Montpellier HSC | 1 | 0 | 2012 |
Notas [editar]
- ↑ IFFHS (5 de xaneiro de 2010). "A Mellor Liga de Fútbol do Mundo 2009". http://www.iffhs.de/?b6e28fa3002f71504e52d17f7370eff3702bb0a35b14. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén [editar]
|
||||||||
|
|||||||||||||