Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Allsvenskan é a máxima categoría da liga de fútbol de Suecia, que comprende aos 16 mellores equipos. Foi creada en 1924. Antes diso, a maior liga en Suecia era a Svenska Serien.
Os gañadores da Allsvenskan son considerados campións suecos desde 1931. Antes diso, entre 1924 e 1930, simplemente considerábaselles campións de liga. O mesmo ocorreu desde 1982 a 1990 cando os campións decidíronse por partidos de play-off e en 1991-1992 cando foron elixidos por unha liga de continuación chamada Mästerskapsserien.
Competición [editar]
Desde a tempada 2008 hai 16 equipos na Allsvenskan, respecto dos 14 das tempadas anteriores. Durante a tempada (de abril a outubro), cada equipo enfróntase dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra na dos seus adversarios, nun total de 30 partidos. Ao final de cada tempada os dous últimos equipos da clasificación descenden á Superettan e son substituídos polos dous mellores da Superettan. O terceiro peor clasificado na Allsvenskan xoga un partido co terceiro clasificado da Superettan, na que o gañador é quen xoga a seguinte tempada na Allsvenskan.
O gañador da Allsvenskan clasifícase para a Liga de Campións, e entra na competición na primeira rolda de clasificación. O subcampión clasifícase para a UEFA Europa League, e entra na primeira rolda de clasificación. Desde o comezo da Royal League en 2004, os catro primeiros clasificados entran neste torneo con outros catro equipos de Noruega e catro de Dinamarca.
Equipos participantes (2013) [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
. . . Competicións entre Clubs de Fútbol en Europa:
|
|
| Continentais |
|
|
|
|
|
|
|
Ligas
|
|
|