Eusébio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eusébio
Eusebio Benfica.JPG
Información persoal
Nome completo Eusébio da Silva Ferreira
Nacemento 25 de xaneiro de 1942
Lugar Lourenço Marques, África Oriental
Falecemento 5 de xaneiro de 2014 (71 anos)
Lugar Lisboa, Portugal
Altura 1,75 m
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1960 Sporting L. Marques 42 (77)
1960–1975 Benfica 301 (317)
1975 Boston Minutemen 7 (2)
1975 Monterrey 10 (1)
1975–1976 Toronto Metros-Croatia 25 (18)
1976 Beira-Mar 12 (3)
1976–1977 Las Vegas Quicksilvers 17 (2)
1977–1978 União de Tomar 12 (3)
1978–1979 New Jersey Americans 4 (5)
Total 430 (428)
Selección nacional
1961–1973 Portugal 64 (41)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Eusébio da Silva Ferreira, OIH, GCM, nado en Lourenço Marques o 25 de xaneiro de 1942 e finado en Lisboa o 5 de xaneiro de 2014, foi un futbolista portugués de orixe mozambicana. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos, e destacaba pola súa velocidade e o seu mortífero disparo.

Foi o máximo anotador do Mundial de 1966 con nove goles, axudando a que Portugal obtivera o terceiro posto. Ten un Balón de Ouro (1965), trofeo ao mellor xogador europeo e dúas Botas de Ouro, trofeo ao máximo anotador europeo (1968 e 1973).

Clubs[editar | editar a fonte]

Eusébio naceu na cidade de Lourenço Marques (hoxe Maputo), en Mozambique. Comezou a xogar ao fútbol en equipos locais, coma o Sporting Club of Lourenço Marques ata que en 1961 marcha para Portugal, fichando polo Benfica por unha cantidade de £7500. É o comezo dunha longa e prolífica carreira no conxunto da cidade lisboeta. Xa na súa primeira tempada gaña a Liga Portuguesa de Fútbol, o que lles da dereito de desputa-la Copa de Europa ao ano seguinte.

En 1962, amáis de gaña-la liga e a Copa de Portugal de Fútbol, derrotan ao Real Madrid de Ferenc Puskás e Alfredo Di Stéfano na final da Copa de Europa por 5-3, e o propio Eusebio anota dous goles. O seu seguinte reto era a Copa Intercontinental, e aquí enfrontábanse posiblemente as dúas mellores escadras do mundo: O Benfica "de" Eusébio e o Santos "de" Pelé. Tras unha derrota por 3-2 no encontro de ida en Brasil, a remontada semellaba factible na volta no estadio da Luz en Lisboa. Mais Pelé fixo aquí unha das súas mellores actuacións e o Santos arrasou ó Benfica.

En 1965 é galardoado co Balón de Ouro, premio outorgado ao mellor xogador europeo do ano. En 1968 convértese no primeiro gañador da recén inagurada Bota de Ouro, que premia ao máximo anotador europeo. Repetiría cinco anos despois. En canto á Liga Portuguesa, entre os anos 1964 e 1973 foi o máximo anotador da competición. En total coa camisola do Benfica, segundo a FIFA, anotou 727 goles en 715 encontros, [1] A IFFHS recoñece 342 goles en 373 encontros de liga entre 1960 e 1977 "The World's most successful Top Division Goal Scorers of all time".

Xa perto do fin da súa carreira marcha aos EUA para xogar na North American Soccer League. Alí fica por tres anos e xoga para tres equipos, Boston Minutemen (1975), Toronto Metros-Croatia (1976) e Las Vegas Quicksilver (1977). Este mesmo ano participa en dez encontros co CF Monterrey da Liga Mexicana de Fútbol. De volta a Portugal ficha polo SC Beira-Mar, e o União de Tomar da segunda división. En 1978 remata a súa carreira coma futbolista.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Eusébio foi o máximo anotador da selección portuguesa con 41 goles en 64 encontros ata que Pauleta o superou o 12 de outubro de 2005 nun encontro contra Lituania. Fixo a súa estrea coa camisola nacional o 19 de outubro de 1961, contra Luxemburgo, encontro que rematou en derrota para a selección portuguesa por 2-4.

O seu maior éxito foi o cuarto posto no mundial de Inglaterra '66. Rematou coma máximo anotador do torneo con nove goles. Destacou especialmente nos cuartos de final, cando tras ir perdendo por 0-3 contra Corea no Norte fixo catro goles e remataron gañando por 5-3. Xogou o seu derradeiro encontro coa camisola portuguesa o 19 de outubro de 1973 contra a Bulgaria, que rematou en empate, 2-2.

Títulos[editar | editar a fonte]

Internacional

Clubes

Individual

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]