Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trofeo acadado polo
FC Barcelona trala súa primeira vitoria na máxima competición continental do fútbol europeo.
A edición 1991-92 da Copa de Europa de fútbol organizada pola UEFA foi a 37ª e derradeira na que se empregou ese nome. A partir da seguinte tempada esta competición comezou a chamarse Liga de Campións da UEFA, aínda que foi nesta edición e non na seguinte na que o formato pasou de ser totalmente de eliminatorias para ser en forma de grupos e liguillas. O torneo se disputou entre outubro de 1991 e maio de 1992, coa participación de 32 equipos, representando ás súas 32 federacións nacionais.
Nesta edición da Copa de Europa o FC Barcelona acadou a súa 3ª presencia nunha final da máxima competición europea de clubs, enfrontándose nela ó equipo italiano da UC Sampdoria de Xénova, no antigo Estadio de Wembley en Londres, rematando o encontro coa vitoria culé por un gol a cero, gol que marcou o defensa holandés Ronald Koeman de falta directa no minuto 111 do encontro.
Como dato de interese, a participación do Arsenal FC neste torneo supuxo a volta dos equipos ingleses ás competicións europeas despois da sanción de varios anos que lles impuxo a UEFA trala traxedia de Heysel.
[editar] Dezaseisavos de final
[editar] Oitavos de final
[editar] Grupos de cuartos de final
A final da Copa de Europa na súa edición 1991-92 disputouse o 20 de maio de 1992 no antigo Estadio de Wembley, ao cal acudiron 70.827 persoas. Era a 5ª vez que este recinto acollía este evento, tralas finais dos anos 1963, 1968, 1971 e 1978.
Antigo estadio de Wembley.
A esta final chegaron o FC Barcelona e o UC Sampdoria. O conxunto catalán chegaba á súa 3ª final, en tanto que o equipo italiano debutaba nunha máxima final continental. Non obstante, nin uns nin outros tiñan este trofeo no seu palmarés, de xeito que nesta final nacería un campión inédito.
Os adestradores dos dous equipos tiñan unha experiencia desigual. Johan Cruyff, adestrador do FC Barcelona, xa gañara a Copa de Europa 3 veces como xogador do Ajax de Amsterdam en 1971, 1972 e 1973, e como adestrador tiña no seu palmarés as Recopas de Europa dos anos 1987 (adestrando ó Ajax de Amsterdam) e 1989 (adestrando ó FC Barcelona). Pola súa banda, Vujadin Boskov, adestrador da UC Sampdoria, viña de perder a final da Copa de Europa de 1981 como adestrador do Real Madrid, e a final da Recopa de Europa en 1989 precisamente fronte ó FC Barcelona de Johan Cruyff.
O elexido para arbitrar esta final da Copa de Europa foi o alemán Aron Schmidhuber.
O FC Barcelona chegaba á final despois de eliminar ao equipo xermano oriental do Hansa Rostock en dezaseisavos de final, ao FC Kaiserslautern en oitavos de final, e de superar a Sparta Praga, SL Benfica e Dinamo Kiev no Grupo B. Pola súa banda, a UC Sampdoria eliminou ao Rosenborg BK noruegués en dezaseisavos de final, ao Honved FC húngaro en oitavos de final, e superou a Estrela Vermella, RSC Anderlecht e Panathinaikos FC no Grupo A.
O encontro non foi dominado por ningún dos dous equipos, e chegou ó minuto 90 con táboas no marcador, 0-0. No minuto 111 Eusebio Sacristán recibiu unha falta preto da área italiana. O xogador holandés Ronald Koeman lanzou a falta con forza e o balón entrou polo pau do gardamallas. O encontro rematou co resultado final de FC Barcelona 1 - 0 UC Sampdoria.
Con esta vitoria o FC Barcelona acadou a 1ª Copa de Europa da súa historia. Co paso dos anos, aquel equipo foi chamado o Dream Team.
[editar] Máximos goleadores
A UEFA considera os goles que foron marcados a partir da primeira fase de grupos, e non os das fases anteriores.
[editar] Véxase Tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas