Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Süper Lig é a máxima categoría da liga turca de fútbol. Trátase dunha competición profesional, fundada en 1958 e organizada pola Türkiye Futbol Federasyonu (Federación Turca de Fútbol). O formato é o habitual nos torneos de liga europeos, sendo 18 os equipos que se enfrontan entre sí ó longo de dúas voltas, en cada unha das cales cada equipo ten que se enfrontar cos restantes 17, de xeito que cando remata o campionato cada equipo xogou dous encontros fronte a cada rival, ún como local e outro como visitante.
O nacemento desta competición supuxo a unificación de varios torneos rexionais que ata entón levábanse a cabo no país. O resultado foi unha liga dominada polos clubs da cidade de Istambul, que entre 1959 e 2012 acadaron 49 dos 56 títulos disputados. Os 3 clubs máis laureados desta liga son o Fenerbahçe SK, o Galatasaray SK e o Beşiktaş JK (con 18, 18 e 13 títulos respectivamente), os 3 da cidade de Istambul, seguidos do Trabzonspor (6 títulos) e do Bursaspor (1 título). Os 3 grandes equipos de Istambul son tamén os únicos que levan disputadas tódalas edicións da Süper Lig.
Clubs participantes[editar]
Na súa edición 2011-2012, os 18 clubs participantes son os seguintes:
Na seguinte táboa amósase o palmarés da liga turca de fútbol segundo o número de títulos acadados por cada club.
| Nº Títulos |
Equipo |
Campionatos obtidos |
| 18 |
Fenerbahçe SK |
1958-59, 1960-61, 1963-64, 1964-65, 1967-68, 1969-70, 1973-74, 1974-75, 1977-78, 1982-83, 1984-85, 1988-89, 1995-96, 2000-01, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2010-11 |
| 18 |
Galatasaray SK |
1961-62, 1962-63, 1968-69, 1970-71, 1971-72, 1972-73, 1986-87, 1987-88, 1992-93, 1993-94, 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2001-02, 2005-06, 2007-08, 2011-12 |
| 13 |
Beşiktaş JK |
1956-57, 1957-58, 1959-60, 1965-66, 1966-67, 1981-82, 1985-86, 1989-90, 1990-91, 1991-92, 1994-95, 2002-03, 2008-09 |
| 6 |
Trabzonspor |
1975-76, 1976-77, 1978-79, 1979-80, 1980-81, 1983-84 |
| 1 |
Bursaspor |
2009-10 |
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|
. . . Competicións entre Clubs de Fútbol en Europa:
|
|
| Continentais |
|
|
|
|
|
|
|
Ligas
|
|
|
Ligazons externas[editar]