Thierry Henry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thierry Henry
Thierry Henry control cropped.jpg
Información persoal
Nome completo Thierry Daniel Henry
Nacemento 17 de agosto de 1977 (36 anos)
Lugar Les Ulis, Francia
Altura 1,88 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual New York Red Bulls
Número 14
Carreira xuvenil
1983–1989 CO Les Ulis
1989–1990 US Palaiseau
1990–1992 Viry-Châtillon
1992 Clairefontaine
1992–1994 Monaco
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1999 Monaco 105 (20)
1999 Juventus 16 (3)
1999–2007 Arsenal 254 (174)
2007–2010 Barcelona 80 (35)
2010– New York Red Bulls 43 (23)
2012 Arsenal (cedido) 4 (2)
Selección nacional
1997 Francia sub-20 5 (3)
1997–2010 Francia 123 (51)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Thierry Daniel Henry, nado o 7 de agosto de 1977 en Les Ulis, é un futbolista francés. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o New York Red Bulls.

Máximo goleador histórico da Selección de fútbol de Francia (51 goles), máximo goleador histórico do Arsenal FC (226 goles), 3º máximo goleador da historia da Liga de Campións (51 goles), Henry é o máximo goleador mundial en activo.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

AS Monaco[editar | editar a fonte]

A carreira profesional de Thierry Henry comezou con 17 anos no AS Monaco que adestraba Arsène Wenger. Durante 2 anos xogou poucos encontros, e na posición de extremo, xa que a posición de dianteiro era para o brasileiro Sonny Anderson. En 1995 chegou ó club o adestrador Jean Tigana, quen fixo de Henry un xogador titular, que daquela salientaba mais polas asistencias que polos goles. Na tempada 1996-97 o AS Monaco gañou a Ligue 1. Ó ano seguinte o equipo caeu nas semifinais da Liga de Campións diante do Juventus FC de Zidane e Del Piero, eliminando antes ó Manchester United en cuartos de final. Henry foi o segundo máximo goleador da competición con 7 goles, saltando á fama do fútbol europeo.

Campión do Mundo

Nese verán de 1998, Henry foi chamado para xogar o Mundial coa selección francesa, que se proclamou campioa. Henry foi o máximo goleador do equipo francés con 3 goles.

Juventus FC[editar | editar a fonte]

A mediados da tempada 1998-99 Henry foi contratado pola Juventus FC a cambio de 17 millóns de euros, pero o seu estilo de xogo non funcionou no equipo turinés, de xeito que no verán de 1999 o Arsenal FC adestrado por Arsène Wenger pagou 15 millóns de euros polo xogador francés.

Arsenal FC[editar | editar a fonte]

No Arsenal FC compartiu o ataque gunner co holandés Dennis Bergkamp. Nos 2 primeiros anos o Arsenal acadou o subcampionato da Premier League, marcando 17 goles por tempada. No verán do ano 2000 Henry foi de novo campión con Francia, esta vez na Eurocopa, sendo él de novo o máximo goleador do equipo con 3 goles. Na tempada 2001-02 o Arsenal gañou a Premier League, a FA Cup e Henry foi o máximo goleador da liga con 24 goles.

Nas dúas seguintes tempadas Henry quedou 2º no FIFA World Player detrás de Zidane e Ronaldinho. En 2003 recibiu o Balón de Prata, mentres que en 2004 e 2005 foi Bota de Ouro. Gañador da Premier de novo en 2004, e da FA Cup en 2003 e 2005; en 2003, 2004 e 2005 repetíu como máximo goleador da Premier League, e en 2006 recibiu o Balón de Bronce, despois de caer na final da Liga de Campións da UEFA 2005-06 fronte ó FC Barcelona, e na final do Mundial de Alemaña 2006 fronte a Italia. Nesta ocasión de novo Henry foi o máximo goleador francés no torneo.

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2007 foi fichado polo FC Barcelona que adestraba Frank Rijkaard a cambio de 24 millóns de euros. O obxectivo de Henry no Barcelona era acadar o único gran título que non tiña no seu palmarés, a Liga de Campións da UEFA. No Barça tivo que adaptarse a xogar na posición de extremo pola esquerda, xa que os outros dous postos ofensivos pertencíanlles a Samuel Eto'o e Lionel Messi. No seu primeiro ano mostrou un xogo inferior ó que demostrara durante anos no Arsenal, e marcou só 19 goles en tódalas competicións. Sen embargo, o éxito no club culé chegoulle na súa segunda tempada. Ese ano o equipo estreou adestrador, Pep Guardiola, que confiou en Thierry Henry dende o principio. O Barça fíxose con tódolos títulos en xogo, incluídas a Liga de Campións e a Liga española. Ese mesmo ano Henry marcou 2 goles no encontro de liga fronte ó Real Madrid xogado no Estadio Santiago Bernabéu que remataría co resultado de 2 a 6 a prol do conxunto catalán.

Na seguinte tempada gañaría 4 títulos, a Liga, a Supercopa de España, a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubs.

NY Red Bulls[editar | editar a fonte]

O 14 de xullo de 2010 foi contratado polo New York Red Bulls da MLS estadounidense por 4 anos. Co seu contrato de 5'6 millóns de dólares por tempada converteuse no xogador mellor pagado la liga, xunto a David Beckham.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

A nivel de club
Club Tempada Liga Copa Comp.
Continental
Total
Part. Goles Asis. Part. Goles Part. Goles Part. Goles
AS Monaco
Francia
1994/95 8 3 1 0 0 0 0 8 3
1995/96 18 3 5 3 0 1 0 22 3
1996/97 36 9 8 3 0 9 1 48 10
1997/98 30 4 9 5 0 9 7 44 11
1998/99 13 1 3 1 0 5 0 19 1
Total 105 20 26 12 0 24 8 141 28
Juventus FC
Italia
1998/99 18 3 2 1 0 1 0 18 3
Total 18 3 2 1 0 1 0 18 3
Arsenal FC
Inglaterra
1999/00 31 17 9 5 1 12 8 48 26
2000/01 35 17 3 4 1 14 4 53 22
2001/02 33 24 5 5 1 11 7 49 32
2002/03 37 24 23 6 1 12 7 55 32
2003/04 37 30 20 4 4 10 5 51 39
2004/05 32 25 15 2 0 8 5 42 30
2005/06 32 27 7 2 1 11 5 44 33
2006/07 17 10 5 3 1 7 1 27 12
Total 254 174 76 31 10 85 42 370 226
FC Barcelona
España
2007/08 30 12 9 7 4 10 3 47 19
2008/09 29 19 8 1 1 12 6 40 26
2009/10 21 4 2 3 0 8 0 32 4
Total 80 35 19 9 4 26 9 115 49
NY Red Bulls
Flag of the United States.svg
2010 11 2 3 1 0 0 0 12 2
2011 16 15 1 0 0 0 0 17 15
Total 15 3 4 1 0 0 0 27 17
Total na súa carreira 484 249 128 56 15 139 59 679 313
  • En amarelo, competicións gañadas.
A nivel de selección
Selección Temp. Part. Goles
Selección Francesa
Francia
1997/98 10 3
1998/99 1 0
1999/00 11 5
2000/01 8 2
2001/02 9 2
2002/03 13 10
2003/04 12 4
2004/05 7 2
2005/06 15 7
2006/07 6 3
2007/08 10 5
2008/09 9 3
2009/10 12 3
Total 123 51

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]